Spartak 1 – 1 Celta


Importantísimo empate o acadado onte polo RC Celta na súa visita ás xélidas terras rusas.

O Celta mellorou moitísimo a súa imaxe nun dificil encontro en adversas condicións que deixa a eliminatoria medio encarrilada para o conxunto vigués que intentará certificar o seu pase a oitavos a semana que vén en Balaídos.

Vázquez plantexou un partido cunha mestura de titulares e suplentes onde Nuñez fixo de Baiano e De Ridder ocupou a banda dereita.

Ao Celta custoulle afacerse ao céspede artificial do estadio moscovita e se mostrou impreciso nos primeiros minutos de encontro onde o Spartak levou a iniciativa. Unha vez asentados no terreo de xogo, o Celta comezou a estirarse, grazas en boa parte ao bo facer de Gustavo pola súa banda natural.

A entrega e loita de Nuñez na punta fixo que o Celta tiverá unha referenza arriba e crease perigo na área rusa. Un remate do madrileño dende o chan foi a primeira gran oportunidade dun Celta, que tería que agardar ata os últimos compases da primeira metade para adiantarse no marcador. Unha gran xogada, con parede incluida, de Gustavo e Canobbio deu a posiblidade a Nuñez de rematar a bocaxarro dentro da área e poñer o 0-1 no marcador.

O Spartak saiu a por todas na segunda metade, pero só cun pouco de sorte puideron batir a porta de Esteban, titular no encontro de onte. Unha falta inexistente de Tamas na frontal provocou o gol ruso, despois de que o balón tocará na barreira e collera a Esteban a contrape.

A diferenza do que estamos acostumados, o Celta se refixo perfectamente e a entrada de Baiano, Oubiña e Jonathan aportaron consistenza, resistenza e control de balón aos vigueses, que fixeron uns impecábeis 2o minutos finais e estiveron a piques de facerse cunha merecida victoria.

En definitiva, bo resultado acadado no Luzhniki Stadium, pero o que é máis importante, notable melloría dos homes de Fernando Vázquez que acenden así unha pequena luz para a esperanza de recuperación nesta patética liga.

Os celestes intentarán certificar esta recuperación o domingo en Pamplona.

Anuncios

5 Respuestas a “Spartak 1 – 1 Celta

  1. A ver onde están esas mensaxes positivas e de apoio ó noso equipo!!! Que parece que algúns só se queren facer escoitar para criticar e ser negativos!!!
    Onte o celtiña xogou ben e o plantexamento do partido foi bo, así que, toca rachar ca tradición E MOSTRARSE POSITIVOS!!!
    E, por certo, de ridder, “o desexado”, normaliño. E a min alegroume que xogara. Porque serdocelta debe significar apoiar SEMPRE ó equipo, pase o que pase, xogue quen xogue, e entrene quen entrene (menos antic…). Así que agachemos os afiados coitelos que pululan polo entorno…

  2. estou contigo petulesca!!
    así como somos os primeiros en criticar cando as cousas non saen ben, temos que ser coherentes e felicitar ao equipo polo partido de onte.
    Ogallá sexa un punto de inflexión na traxectoria do equipo en liga, pero de todos xeitos debemos ser realistas e cautelosos, ainda queda moito por traballar.

    Agora máis que nunca, Let’s go Celta!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s