Celta 2 – 2 Rácing Club


A nosa portada de hoxe, con fotos sacadas do diario Marca, reflicte mellor que nunca o acontecido hoxe en Balaídos.

Como se pode pasar de ondear bandeiras e cantar o Miudiño  a despedir o equipo con panos brancos, ou o que é o mesmo, de ir gañando 2-0 ata ceder o empate.

Pois isto foi o que aconteceu hoxe no municipal vigués. O Celta saiu hoxe ao campo a pola súa primeira victoria en liga dende Outubro, despois de romper o malo refaixo doméstico na Uefa fronte ao Spartak. Xa no quecemento, chegaron os contratempos. O anunciado trivote rompíase cando Pablo García sofría a enésima lesión da temporada.

Vázquez mudou o plantexamento e puxo dúas puntas no campo, Baiano e Bamogo, flanqueados por Gustavo e Nené.

O partido comezou medio tolo, aínda que sen bo fútbol. As ocasións sucedíanse e o primeiro en abrir a lata foi o Celta, grazas a un pseudo-penalti sinalado sobre Borja Oubiña. Baiano encargábase de abrir o marcador e de comezar a festa nun Balaídos semibaleiro con 13.500 siareiros.

Os galegos semellaban asentarse no campo e dominaban a un Rácing pelexón. Nese momento, no lanzamento dun córner, apareceu a maestría do Gran Gustavo López, que cun centro exquisito, permitía a Bamogo rematar só na área e poñer o segundo na conta celeste.

A festa estoupaba nun Balaídos ávido de alegrías. Pero apareceu o medo.

Como xa é habitual, Vázquez retrasou liñas antes de rematar a primeira metade. Nese momento, Bamogo ( a boa nova hoxe do Celta) errou o que podería ter sido o terceiro tanto celeste.

Comezaba a segunda metade e o Celta estaba aínda máis agazapado no seu campo. Os santanderinos comezábanse a estirar e a sensación de que o primeiro gol dos cántabros estaba a piques de chegar espallábase polo vetusto estadio vigués.

Dito e feito. Un erro nun despexe de Contreras propiciou que Munitis rematara a pracer diante dun Pinto vendido e desquiciado. A cousa compricábase con máis de 30 minutos por diante. A Vázquez entroulle o medo e, nun novo acto de cobardía, retirou a Bamogo para meter o terceiro central, Lequi.

A declaración de intencións de Vázquez, entre os asubios do público, era evidente e diso se aproveitou o Santander. As ocasións sucedíanse na área de Pinto e o Celta era incapaz de desfacer ese agobio.

Nese momento chegou o desastre. Corría o minuto 78 e Medina Cantalejo asubiaba penalti de Iriney sobre Juanjo. Cristian Álvarez foi o encargado de poñer o empate no marcador.

O Celta vía como se esfumaba a súa renda e aparecían as pantasmas doutras xornadas. Un Balaídos xa enfurecido presenciou como Fernando Vázquez desfixo o plantexado había escasos minutos e retirou a un recén entrado Lequi (tiña un cartón) e daba entrada a Perera. Balaídos estoupou.

Despois de apostar polos cinco defensas retirando a Bamogo e encaixar dous goles, a escasos 10 minutos do final daba entrada a un novo dianteiro retirando ao central recén incorporado. Se de algo non se lle pode acusar a Fernando Vázquez e de ser afouto e de que ben pouco lle importa o que pensen del. As facianas de asombro invadían as bancadas de Balaídos.

O partido pouco máis tivo. Os celestes intentaron estirarse, pero xa poucas ocasións tiveron. Algún tiro lonxano e forzado de Baiano e pouco.

Asi pois, a ledicia e os cánticos da primeira metade, convertíronse en panos brancos (ou xornais do Celta) para castigar a un equipo e a un adestador que deixaron escapar outros dous puntos do coliseo vigués.

Con todo, o Celta sae de postos de descenso, pero cun moi compricado calendario por delante. Viaxamos a Mestalla o sábado que ven, e despois recibimos nun duelo a vida ou morte a o Athletic de Bilbao. Todo isto aderezado coa visita do Bremen a Balaídos.

Que sexa o que Deus queira.

Karlinhos.

Anuncios

2 Respuestas a “Celta 2 – 2 Rácing Club

  1. Outra vez…non entendo como podemos regalar un partido así, non entendo o cambio de Bamogo, o de Lequi menos, o de xogar Núñez pola esquerda e Nené pola dereita tampouco e as declaración do noso distinguido adestrador prefiro nin comentalas.
    O mellor é que saímos do descenso.
    HALA CELTA OSTIA!!!

  2. O cambio de Lequi…pois é facil…tiña que enmendar a cagada de quitar a Bamogo… e habia que por a Perera….e como Lequi tiña cartón… o demais si que non o entendo pero bueno….saimos do descenso inda que perdimos dous puntos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s