Facendo calceta en Balaídos


Isto é o que facemos os apenas 13000 siareiros que nos congregamos en Balaídos. Ou polo menos é o que pensa o noso adestrador da afección.

Tal pensamento se desprende das declaracións de FV en rolda de prensa despois do partido de onte.

O técnico tildaba de “ilóxica” e de “falta de concentración no partido” aos asubios recibidos por parte da bancada cando o técnico retiraba a un recén entrado Lequi para meter, de novo, a un segundo dianteiro.

A humildade é unha característica da que carece o de Castrofeito. É algo coñecido por todos dende hai tempo, e non só en Vigo, senón tamén en Sevilla, en Valladolid, nas Palmas, en Santiago, etc …

Vázquez saiu de inicio con dous dianteiros, despois da lesión no quecemento de P.García. Parece que as ideas claras non abundan no banquiño celeste nas últimas datas. Hai unha grande diferenza entre sair cun trivote a facelo con dúas puntas. E se non que llo pregunten a Jorge Larena, que se fartou de quecer na banda de Balaídos.

O experimento improvisado saiulle ben, non sen sorte, ao técnico. O Celta púxose con vantaxe no marcador e o vento remaba a favor dos vigueses.

O equipo retrasou liñas, o Rácing marcaba e Vázquez puxo a puntiña ao meter ao terceiro central. Como era lóxico e fácilmente adiviñable, o Rácing puxo o empate no marcador e FV tivo que tragarse o seu orgullo e meter, de novo, a un segundo dianteiro, Perera neste caso.

¿A quen retirou do campo? Pois ao central que tiña un cartón. Lequi aguantou a humillación de xogar apenas 20 minutos con resignación e educación.

Tal criterio pode ter certa lóxica. Habería que preguntarlle a Roberto de Sousa cando sufriu un caso similar no partido de Copa fronte ao Betis, aínda que neste caso, sen cartón amarelo de por medio.

Balaídos indignábase, xa non polo feito de retirar ao mellor central do plantel, que acababa de entrar no campo, senón pola confirmación de que o técnico, el soíño, cargábase un partido que parecía estar controlado.

O señor Vázquez, que si escoitou os asubios nese troco, tamén debería escoitar os asubios cando o equipo se agazapaba na área de Pinto, ou cando retiraba a Bamogo.

O público de Balaídos sí que estaba concentrado no espectáculo polo que pagou a súa entrada.

Vázquez non é un gran estratega. Encargouse de demostralo nos tres anos que leva ocupando o banco. Pero agora sabemos que tampouco é un bo intérprete. O seu afán de protagonismo lévao a situarse por riba dos mortais e de facer boa a súa verdade. Parvos somos o resto. El é o mago, para iso é Harry Potter, e a verdade suprema está nas súas mans.

O resto, inxenuos nós, seguímonos equivocando de criterio. Nós non temos carnet de adestrador. El sí.

Señor Vázquez, vostede é o noso adestrador, e como tal, estaremos con vostede ao 100% ata que a lóxica que vostede pide, se impoña e se vexa na obriga de abandonar o seu banquiño. Pero ata que esto aconteza, e polo ben de todos, deixe de insultar á intelixencia dos que realmente sofren con este equipo.

E o digo de corazón, totalmente concentrado. Eu non sei facer calceta.

Anuncios

6 Respuestas a “Facendo calceta en Balaídos

  1. subscribo totalmete la opinion aqui publicada. las declaraciones del mister son un atentado contra la inteligencia del celtismo. no nos queda mas remedio que apoyarlo, pero le rogaria que midiesse sus palabras

  2. subscribo totalmete la opinion aqui publicada. las declaraciones del mister son un atentado contra la inteligencia del celtismo. no nos queda mas remedio que apoyarlo, pero le rogaria que midiesse sus palabras

  3. a harry potter acabouselle o poder da súa variña maxica e agora esta quedando coas miserias ao desnudo.¡¡¡ sempre celta. fora vazquez xa!!!

  4. A ver, non estou de acordo. Imos ver, ti con 2-1 decides ir a amarrar o resultado (como o outro día contra o spartak) con tres centrais no campo e, de repente, o racing marca o segundo. A xogada sáeche mal e decides ir a polo partido metendo a un dianteiro mais no campo. Para eso tes que sacar a un central e qué mellor que o que ten unha tarxeta. A min paréceme lóxico….ao mellor eu non cambiaría co 2-1 pero, xa que o fixeches, logo o seguinte cambio ten sentido. Pero bueno, é só unha opinión máis. Tamén entendo os apupos.

  5. O feito en sí ten lóxica.
    O que acontece é que o problema xa ven de antes; é dicir, do feito de retrasar liñas despois do segundo gol cando o Rácing estaba roto e de meter un terceiro central a comezos da segunda metade, xogando na casa, e cun 2-0 favorábel.
    E o colmo son as súas declaracións, das que xa se desculpou, empregando esa lóxica da que carecía a afección do Celta, segundo el.
    De todos xeitos, o mellor para todos e zanxar o tema e mirar para adiante.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s