Cisma no Celtismo (III)


A Guerra Civil no Celtismo parece non rematar.

Onte se libraba unha nova batalla, pero neste caso nas entrañas das Federación de Peñas.

O pasado mércores, como todos sabedes, un grupo de peñistas descontentos coa labor de Fernando Vázquez, reuníase na sede do clube co Director Xeral e expresarlle o seu malestar.

Desa reunión, na que se decidiu dar un prazo de dúas semanas ao adestrador de Castrofeito antes de tomar medidas, desmarcouse a Federación de Peñas a través dun comunicado.

Pois ben, onte volvía saltar a polémica xa que Antonia Mouriño, vicepresidenta da FdP, acudiu a esa reunión como representante da mesma e, segundo ela, enterouse pola prensa da difusión dese comunicado.

“Paréceme intolerable que se difunda un comunicado en nome da Federación sen consultar á xunta directiva. Non se me informou a min, nin a ninguén, coma se estivésemos aquí de floreros”

Rosa Iglesias, presidenta da Federación, asumiu a publicación dese comunicado e matizou que toda esta polémica vén dada por un malentendido:

“É certo que fun eu a que difundín o comunicado”, admitiu Santos, que matizou: “A miña intención non era molestar a ninguén, senón deixar abofé que a postura oficial da Federación de Penas con respecto á reunión era neutral, entre outras cousas porque para situarnos sobre esta cuestión teriamos que convocar unha asemblea con representación de todas as penas”.

Santos explicou que se decidiu a difundir o comunicado por iniciativa propia ao verse desbordada polas chamadas das penas non firmantes contra Vázquez, que querían coñecer a postura do colectivo.

“Por iso difundimos o comunicado, para sinalar que a Federación non se pronunciaba sobre o caso, pero deixaba liberdade ás penas e as persoas que as integran para que obrasen en conciencia”.

En fin, semella que o conflicto non rematou, nin moito menos. Apelemos á sensatez para ir soterrando estes problemas e centrarse no que realmente nos debe importar, o noso equipo.

FOTO:La Voz

Anuncios

3 Respuestas a “Cisma no Celtismo (III)

  1. Isto e de risa, non esntendo a esta xente, creo q se lle está a subir moito os fumes as estas persoas,¿q se pensan, q son a directiva ou algo asi? So son a federacion de peñas e por moi federacion q sexan non son a voz da afeccion xa q a maior parte da xente q esta en Balaidos non é de ningunha peña, asi xa saben o q teñen q facer, calar e animar, pero a este paso nin van calar nin van animar pq a estes catro vellos o uni q keren e sair na foto. Sintoo polo de catro vellor pero me poñen dos nervos.

  2. Deberiais hacer una seccion tipo “el mohon de la semana” o incluso tal y como se estan poniendo las cosas “la cagada del dia”en la que figurase la declaracion (ya venga de la directiva ,cuerpo tecnico, federacion de peñas, disidentes de esta, o seguidores varios..) que eche mas mierda encima del club. Hoy yo destacaria a Antonia Mouriño (vicepresidenta de la federacion de peñas)que en un alarde de inteligencia , espiritu deportivo y animo de cohesion se a desvinculado de las declaraciones de la presidenta. Asi surgen dos nuevas candidatas a la dimision masiva que todos deseamos fervientemente de directiva,cuerpo tecnico federacion de peñas, peñistas….ANTONIA DIMISION!!!!!!!ahi ,sembrando mierda, ya solo falta que los peñistas desaforados como medida contra vazquez le inviten a un botellon estilo sevilla. GENTUZA!!!!!!SOBRAIS EN BALAIDOS!!!!!!!! IROS A VUESTRA PCASA!!!!!!!!!DIMISION EN BLOQUE YA!!!!!!!!!!!! Nunca hubo tantos mongoles y mongolitas en puestos de responsabilidad en el celta y su entorno y claro, asi nos va….

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s