Falan os Místers



Fernando Vázquez

“Bloqueámoslles e no segundo tempo xeramos suficientes ocasións como para gañar”, declarou o adestrador dos celestes, que viu ao seu equipo superior en Mestalla.

“Se nos adiantamos no marcador, o partido sería distinto, pero eles co gol xogan como lles gusta e é difícil facerlles ocasións, aínda que nós tivémolas”, engadiu.

“O equipo necesita puntos. Con xogar ben non é suficiente. A tempada en casa é fatal. Vivimos do que facemos fóra e se non gañamos, o seguinte partido en casa faise máis complicado”, continuou.

Quique Sánchez Flores

“Non é escusa o partido do Inter. O Celta fíxonos xogar un fútbol no que nos atopamos incómodos. Nós queremos correr e non inventar espazos, non estamos a gusto e todo complícase”, comentou.

Quique Flores realizou os tres cambios ao comezo da segunda metade e explicou: “Sabiamos que había xogadores que non estaban para noventa minutos e cambiámolos. Necesitabamos outro tipo de xogadores e creo que cos cambios melloramos, aínda que isto non significa que este sexa un partido brillante”.

Para rematar, destacou o labor de Cañizares: “Tivo dúas intervencións boas. É un porteiro grande e leváballe ben sacar un par de paradas de mérito. foi un partido moi distinto, moi diferente ao do martes. Todos os factores van cambiar. O equipo está preparado para este esforzo”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s