¡Por fin!¡VICTORIA!


Na tarde-noite de hoxe, o Cometal Celta acadou unha importantísima victoria na loita pola permanencia.O equipo controlou de cabo a rabo o partido, creando moitas ocasións de gol na primeira metade inda que se tibo que agardar ata o minuto 10 para que Chelito abrise a lata nunha xogada de estratexia, onde se adiantou perfectamente a unha durmida defensa rival.

A partir de ahi apareceron moitos mais espazos, e froito do xogo do Cometal Celta, Chelito outra vez, introduciu o esférico nas mallas do gardameta rival, un dos xogadores destacados do encontro. Recuou entón o Celta, tentando pechar os ocos e presionando constantemente enriba dos rivais que nunca tiveron un pase fácil. En pequenos detalles coma estes, nótase o cambio de actitude e de mentalidade dos futbolistas celestes que agora parecen que morden e tan so teñen unha cousa na cabeza…a permanencia na categoría do fútbol sala profesional.

Na reanudación o Celta seguía co mesmo plantexamento e noutra xogada de estratexia perfectamente trenzada por tres xogadores celestes acabou con Chelito celebrando o seu terceiro gol, acadando asi o seu primeiro hattrick nesta tempada. Comezou entonces o DKV Zaragoza a presionar e a crear certo perigo pero as ocasións sempre foron desbaratadas pola defensa celeste perfectamente plantada na pista do Pavillón de as Travesas. Nos últimos 5 minutos o DKV optou por xogar o clásico 5 para 4 o que aproveitou o Celta coa súa boa presión para crear moitas lcaras ocasións de gol para sentenciar o encontro, pero nestes compases amosouse a carencia de gol de este equipo no que por certo Indiao segue sen mollar.

Froito da presión rival o Celta encaixou un gol no minuto 38 por mediación de Santi. Pero nesta ocuasión non se palparon as malas sensacións e pantasmas do pasado xa que o equipo repúxose, e uns segundos mas tarde, no minuto 39 acadaba o definitivo 4-1 por mediación de Ari. Acadaba asi o Cometal Celta a primeira victoria do ano, mantendo asi a diferenza co Barcelona que gañou hoxe á tarde ó Autos Lobelle na súa cancha. Recurta 3 puntos fronte o Gestesa, que agora é penúltimo con 16 puntos.

Disfrutaron moito os case que 1000 espectadores que prefiriron perderse a eliminatoria do Barcelona e do Valencia, acudindo As Travesas e disfrutar da victoria do seu equipo. Un dos que disfrutou moito co xogo do equipo, foi Everton Giovanella que presenciou o encontro acompañado pola súa familia.

CLASIFICACIÓN

  CLASIFICACIÓN
PT PJ PG PE PP GF GC PG PE PP GF GC PG PE PP GF GC
1 Boomerang Interviú 48 21 14 6 1 80 44 9 2 0 45 20 5 4 1 35 24
2 ElPozo Murcia Turística 45 21 14 3 4 102 73 10 0 0 60 27 4 3 4 42 46
3 Polaris World Cartagena 39 20 12 3 5 100 59 7 0 3 59 31 5 3 2 41 28
4 Caja Segovia 34 21 9 7 5 78 63 7 1 2 39 26 2 6 3 39 37
5 MRA Navarra 34 20 10 4 6 76 62 6 3 1 47 29 4 1 5 29 33
6 Azkar Lugo F.S. 32 20 9 5 6 78 66 7 3 1 48 31 2 2 5 30 35
7 Benicarló Onda Urbana 31 21 9 4 8 61 57 6 2 3 36 29 3 2 5 25 28
8 Playas de Castellón 29 21 9 2 10 93 85 5 2 3 54 39 4 0 7 39 46
9 Carnicer Torrejón 27 21 7 6 8 66 76 4 3 3 33 33 3 3 5 33 43
10 PSG Móstoles 27 21 6 9 6 65 83 4 6 1 36 32 2 3 5 29 51
11 A. Lobelle de Santiago 25 21 6 7 8 72 93 3 5 2 38 37 3 2 6 34 56
12 DKV Seguros Zaragoza 21 21 6 3 12 90 106 3 2 5 46 38 3 1 7 44 68
13 F.C. Barcelona Senseit 20 21 5 5 11 51 72 4 1 5 30 31 1 4 6 21 41
14 Martorell FS 19 20 5 4 11 52 70 3 4 4 34 39 2 0 7 18 31
15 Gestesa Guadalajara 16 21 4 4 13 65 87 3 3 5 32 37 1 1 8 33 50
16 Cometal Celta de Vigo 13 21 3 4 14 63 96 3 1 6 35 41 0 3 8 28 55
Anuncios

2 Respuestas a “¡Por fin!¡VICTORIA!

  1. Pois si rapaces…parece que teño que ir so o futbol sala! jeje
    Tentarei de subir as fotos que tomei no partido para por no resumo…pero e que onte cando cheguei estaba moi canso e quería durmir!!! e xa me currei o resumo jejej

    FORZA CELTA!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s