Os homes a vixiar, Diego e Klose


No conxunto alemán hai dous xogadores que destacan por encima do resto, eses homes son o mediapunta Diego e o dianteiro alemán Miroslav Klose.

O brasileiro Diego, compañeiro de Robinho no Santos, chegou ao Oporto con moitas expectativas, pero non conseguiu explotar todas as súas cualidades. Con todo, no conxunto alemán, grazas á súa filosofía de xogo, está ensinando a calidade que leva dentro. Toque de balón exquisito, dinámica ou visión de xogo son algunhas das virtudes que destacan neste xogador cun gran futuro por diante. Chegado o parón invernal na Bundesliga, Diego, foi elixido o mellor xogador desta primeira metade de campionato. Os pases do mediapunta aprovéitaos un dianteiro puro, Miroslav Klose.

O atacante bávaro sen ser corpulento, sempre consegue anticiparse aos centrais rivais, aproveitando así o seu estupendo remate. Mellor xogador alemán no pasado mundial, Klose, ten moitas novias. Actualmente non está a pasar pola súa mellor racha xa que leva sen marcar dende o 31 de xaneiro. Aínda así o dianteiro suma un total de 11 dianas na Bundesliga. Por todo isto, debe ser o punto de mira da vixianza dos centrais vigueses.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s