SV Werder Bremen


No fútbol actual non abundan os equipos que practiquen un xogo bonito e vistoso; o Werder, xunto co Barcelona e o Olimpique de Lyon, é un das excepcións. En alemania disfrutan do equipo de moda por prácticar un xogo ofensivo e por enfrontarse ao fútbol físico que tradicionalmente se practicou no país bávaro. Aínda así, o equipo alemán é fisicamente un conxunto moi competitivo (8 homes da plantilla superan o 1´90 cm. de altura).

O causante de todo isto chámase Thomas Schaaf. O alemán sempre estivo ligado ao club bremense, como xogador xogou 16 tempadas xogando un total de 263 partidos. O adestrador alemán é un amante do fútbol preciosista e un admirador de Johan Cruyff e do seu antigo Dream Team. Schaaf é un técnico xove (46 anos) que promulga coas súas boas relacións coa prensa e cos seus xogadores.

O Werder posúe unha plantilla moi completa e extensa. No eixe da defensa posúen dous homes experimentados cun gran xogo aéreo como son Naldo e Mertesacker. A defensa a completan os laterais que acostuma a rotas, aínda que os máis habituais son o camerunés Wome e Fritz. O resto do equipo está pensado moita máis en atacar que en defender.

Do centro do campo hacia diante acumulan homes de moitísima calidade. Destacan por encima do resto, o mediapunta brasileiro Diego (ex-compañeiro de Robinho no Santos), nomeado o mellor xogador da prmeira metade da Bundesliga, e o dianteiro Miroslav Klose, a estrela do equipo e o seu home máis coñecido. Estes dous homes son a base do ataque do equipo alemán e os homes de máis calidade dos alemáns. Para completar o ataque, o Werder, posúe outros homes de moita calidade como o centrocampista Torsten Frings (un medio centro curtido en mil batallas de moita brega e non exento de calidade), Tim Borowski (centrocampista de moita capacidade física e chegada que non estará en Vigo por mór dunha lesión), Jurica Vranjes (centrocampista croata de gran habilidade) ou Aaron Hunt (un dianteiro bastante potente e coa portería sempre entre cella e cella).

En resumo, o equipo que o Ceta vai ter en fronte será un equipo moi ofensivo (o equipo máis goleador do continente) que non se vai encerrar atrás e que deixará bastantes ocos. Pola contra, debemos vixiar os ataques estáticos e permanecer moi de preto dos homes máis perigosos como Diego ou Klose.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s