O Celta nos medios


A estas alturas do conto todos nós debiamos estar afeitos ao tratamento que os medios nacionais ofrecen sobre o noso equipo.

Sen embargo eu, persoalmente, non me deixo de sorprender cada semana. Todos somos conscientes de que o Celta non ten o tirón mediático doutros grandes equipos. Tampouco o esiximos.

Pero penso que é o noso dereito esixir un mínimo de rigor e respecto cara esta entidade que non só representa á maior cidade de Galiza, senón a boa parte do noso país.

Repasando as crónicas sobre o partido de onte na prensa “nacional”, non saio do meu estupor. Chega un momento no que un se plantexa se realmente sabe de fútbol ou se se deixou a obxectividade á beira do Lagares.

Onte o Celta plantou cara a un dos mellores equipos de Europa. Un Werder Bremen que asoballou ao vixente campión de Europa no Camp Nou e que chegaba a Vigo na loita polo liderado na Bundesliga e co seu once de gala.

Os celestes, sen facer un magnífico encontro, fixeron o seu partido e plantaron cara a un Werder, que só puido vencer en Vigo grazas a un gol en fóra de xogo.

Certo é que os alemáns dominaron todo o partido e que tiveron boas oportunidades para adiantarse, pero os celestes, cun equipo de circunstancias, tamén tiveron as súas.

Porque ninguén fala deses 20 minutos espectaculares do Celta na segunda metade. Ou da orde defensiva que afogou aos alemáns. Ou do inmenso traballo de Pablo García no mediocampo. Ou dunha afección que onte estivo inmensa.

Crónicas como a de as.com de onte a noite (a de hoxe é máis suave) fan pensar que o redactor cambiou de canle e se puxo a ver ao Sevilla.

¿Porque ninguén se fai eco de que o Werder marcou en fóra de xogo? Sinto volver insistir neste dato, pero non podo evitar pensar que se fora outro equipo o que se vira afectado, hoxe xantariamos con esa noticia en tódolos titulares.

Mención aparte merece a retransmisión deportiva de laSexta. Alguen debía regalarlle unha guía Marca aos narradores para que, dunha vez, aprendan os nomes dos nosos xogadores. Uns profesionais como eles, non se poden pasar ata o minuto 40 da primeira metade intentando descifrar se Nuñez está a xogar pola dereita ou se Jonathan está facendo de dianteiro.

En fin. Haberá que asumir a nosa ignorancia e a nosa desmedida paixón por unhas cores que nos impiden ver o fútbol coa lucidez dos profesionais da prensa escrita.

Só espero que o Celta pase de eliminatoria vencendo no Weiserestadion, para poder ler o mal que o fixeron os alemáns para perder fronte un equipiño como o noso.

Karlinhos

Anuncios

2 Respuestas a “O Celta nos medios

  1. Xa sabemos q non lle dan moita importancia o Celta na prensa, pero q polo menos miren o partido.
    Por certo este xoves foi o primeiro partido da tempada onde a afeccion si foi o numero 12, asi tiñan q ser todos. O domingo outra vez xD

  2. Pasa sempre….. O conto de At.Madrid leva anos sin pisar Uefa e sae sempre nos medios, como se o seu obxetivo de ir a Uefa fose un gran logro.
    En cambio o celta leva bastantes anos casi consecutivos.. e apenas ten transcendencia…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s