En busca da xesta


Se vos gustan as apostas, e sodes incondicionais do noso equipo, non o dubidedes. O pase do Celta a cuartos de final págase a case 8 euros nas casas de apostas. E se estades convencidos da superioridade do noso equipo, podedes gañar ata 250 € por euro xogado apostando por unha goleada.

Estes datos semellan un claro indicador das dificultades que vai ter o noso equipo para acceder á seguinte rolda da competición europea.

Pero os xogadores viven á marxe deste tipo de datos e viaxaron á cidade dos Trotamúsicos convencidos da súa victoria. Sorprendente o optimismo dun plantel que viaxa cun resultado desfavorábel ao campo do máximo favorito a levarse esta competición.

O Celta terá que apelar ao espírito dos anos dourados para conseguir unha remontada, tal e como fixeran no Villa Park despois de perder por 0-1 en Balaídos.

Pero está claro, que este equipo non é o mesmo que o daquela época. Ademáis, o once que saltará hoxe ao Wesserestadion será un equipo de circunstancias. Con Esteban na porta, veremos a Jonathan no lateral dereito, con Yago e Lequi de centrais e Placente na banda esquerda. Pablo García estará acompañado por Tamas e arriba Nené recuperará a súa titularidade, asi como Guayre que acompañarán a Canobbio e a … ¿Núñez? na dianteira.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s