Previa Werder – Celta


Chega o momento da verdade. O Celta intentará hoxe protagonizar a “machada” da temporada vencendo a o gran aspirante a levarse a UEFA deste ano remontando o inxusto e adverso marcador de Balaídos.

Os homes de Fernando Vázquez confían nas súas posibilidades e agárranse á boa imaxe mostrada en competición europea e aos adversos resultados que o Werder Bremen acadou na bundesliga.

O Celta sairá a non encaixar e intentar sorprender ao contragolpe aos alemáns. Moitas son as novidades que se poderían ver hoxe no once do Celta, aínda que con Vázquez nunca se sabe. Guayre, Jonathan, Nené ou incluso Jorge ou Perera poderían volver ao once inicial.

No Werder as dúbidas están no seu xogador estrela, Klose, que sofre molestias e quizáis se borre da convocatoria. Neste caso Almeyda se convertiría no seu referente en punta.

Diversas opcións teremos esta tarde para poder seguir este interesante encontro. Como é habitual, TodoCelta RADIO retransmitirá vía internet o encontro. laSexta retransmitirá o partido e, ao igual que fixeron no Steaua-Sevilla, ofrecerán as imaxes do encontro vía internet dende este enlace.

Tamén en celestes.org nos ofrecen seguir o encontro vía texto.

Hoxe non hai motivo para non seguir ao Celta. Hoxe todos co noso equipo. A pola xesta!!

Celta 0 – 1 W.Bremen

O Werder Breme

Werder Bremen, a fondo

Diego e Klose, homes a vixiar

Weserestadion, o coliseo de Werder

Os altibaixos dos alemáns

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s