W.Bremen 2-0 Celta


Werder Celta

O Celta, víctima dunha lamentábel arbitraxe e dos seus propios erros despídese de Europa ao caer en Bremen por 2 goles a 0.

Un claro penalti non pitado sobre Guayre á media hora de partido, un gol de Almeida en posición máis que dubidosa e un gol legal anulado a Perera foron demasiada lousa para un Celta que contribuiu á debacle coa enésima perda de balón de Nené que remata en gol.

Stefano Farina, colexiado italiano encargouse de estragar as ilusións dun conxunto celeste que saiu moi ordeado en defensa xogando con tres centrais co obxectivo de desfacer as previsibéis envestidas xermanas.

O Celta controlou o partido sen problemas nese primeiro treito da primeira metade e incluso tivo algunha ocasión. Nesa chegou o claro derribo de Guayre na área alemana que Farina decidiu obviar e castigar con cartón amarelo ao canario. O italiano comeuse un claro penalti a escasos metros da xogada e prexudicaba do novo ao Celta nesta eliminatoria.

No segundo tempo o ritmo cambiou, adiantáronse liñas, abríronse espazos e chegaron as ocasións.

Os celestes perderon a súa colocación e sobriedade en defensa e no minuto 16 encaixaron o primeiro tanto obra de Almeida en posición máis que dubidosa. Ao igual que acontecera no encontro de ida, o Werder colleitaba demasiado premio grazas a un gol ilegal.

O Celta non arroxou a toalla e pronto respondeu cun gol de Perera (que substituíu a Guayre mancado) que foi anulado inxustamente polo colexiado. De novo Farinas erixiuse protagonista ao sinalar un existente fóra de xogo ao dianteiro pacense do Celta.

Os homes de Fernando Vázquez quedaron noqueados despois dos clamorosos erros do colexiado e perderon o rumbo do partido. O banco non se movía.

No minuto 61 o Celta tirou definitivamente a eliminatoria despois de que Nené protagonizara a súa enésima perda de balón dun xeito infantil que finalmente acaba en gol.

Nese momento esgotouse toda esperanza. O Celta renunciou á eliminatoria pero intentou morrer con toda a honra posible. Ata en tres ocasións puido bater o Celta á portería de Wiese, pero hoxe non era o día.

Remata deste xeito a andadura do Celta nunha dura Copa da Uefa que o enfrontou cos máis duros rivais e no que os galegos amosaron a súa mellor cara da temporada.

O Celta volve á realidade. Queda agora unha dura e fea pelexa por manter a categoria. O domingo, ao Pizjuán.

Anuncios

4 Respuestas a “W.Bremen 2-0 Celta

  1. el gol de bremen es legal,hasta en la repetición cuesta saber si es fuera de juego.Si hubiese pitado el penalty lo más normal es que lo fallase,y si lo hubiese metido nos empatarían en los últimos 5 minutos del partido y el resultado sería de la eliminatoria sería el mismo.
    Tal y como va la temporada no me estrañaría que acabasemos en segunda.
    Ahora no me soltéis el rollo de que hay que apoyar al Celta y que con estos comentarios no vamos a ninguna parte,es más, yo no voy a ninguna parte con este equipo.
    Ala ya tenéis polémica,besos.

  2. xente coma ti, sobra en Balaidos, e en calquera foro celtista. Cando non se ten mais que facer…omellor tocarlle os collons o resto. Pesimista total.

  3. Menuda merda… a verdade e que non me creo nada que o pupas de españa sexa o Atlético…
    Máis pupas ca nós…NINGUÉN

    FARINA…mellor que non aparezas por Vigo nunca…

    HALA CELTA!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s