Valeri Karpin, o ruso indomable


Hoxe na nosa sección de Mitos Celestes temos a un inesquecible e mítico xogador destes derradeiros anos, o estonio Valeri Karpin.

Valeri Georgievich Karpin naceu en Tallin (Estonia) o 2 de febreiro de 1969. Comezou a xogar ao fútbol nas terras que o viron nacer, no CSKA de Moscú, o Fakel Voronezh e no Spartak de Moscú, onde conseguiu tres Ligas (1992, 93 e 94) , dúas Copas e xogou o mundial de 1994 en EEUU coa recentemente formada selección rusa. Xa na tempada 1994/95 chegou á Liga española nas filas da Real Sociedade onde debutou en San Lázaro o 4 de setembro de 1994. No conxunto donostiarra certificou un gran segundo ano con 13 goles. Posteriormente fichou polo Valencia CF, equipo no que non triunfou e propiciou a súa chegada ao Celta de Vigo.

Arrivou ao Celta de Vigo na tempada 1997/98 e rapidamente faise indiscutible na banda dereita do equipo celtiña que por aquelas datas dirixía Javo Irureta. Ese Celta fixo historia e conseguiu clasificarse para a copa da UEFA dirixidos por xogadores da talla de Mazinho, Mostovoi, Revivo, Djorovic, M.Salgado e coma non, Karpin. Ese Celta seguiu crecendo ata cotas insospechadas uns anos antes da man de Víctor Fernández, pero no verán do 2002 Valeri Karpin, un dos ídolos da bancada, saíu do equipo pola porta de atrás tras desavenencias coa directiva de H.Gómez. Gran parte da grada segue a chorar a súa marcha.

No 2002/03 volveu á Real Sociedade onde participou na Liga de Campións (curiosamente no ano que tamén a disputou o Celta). Tres anos despois, na tempada 2004/05, Karpin retirouse do fútbol. Foi fronte ao campión de Liga, o FC Barcelona, onde finalizou a súa ampla traxectoria da única forma que podía facelo, cometendo unha dura falta a dous minutos para o final de partido e que lle serviu para ser amonestado antes de ser substituído por e recibir todo o agarimo da afección de Anoeta (a súa segunda afección trala do Celta).

Polémico e sen pelos na lingua, este veterano e carismático centrocampista, soubo facer caso omiso ás críticas e gañarse o agarimo da afección alí onde xogou. Foi un xogador líder do seu equipo, destacado pola súa forte coraxe sobre o terreo de xogo. Desborde pola banda dereita, goles chegando desde segunda liña, a súa inagotable capacidade física, un carácter e unha garra impresionantes, xunto coa súa loira melena ao vento, eran as súas señas de identidade. A cifra de 73 veces como internacional con Rusia o avala como un gran xogador. Co Celta xogou a nada despreciable cifra de 168 partidos e marcou 26 goles en Liga.

Os presente do ex-xogador ruso está máis que ocupado. Á súa faceta de empresario en diversas inmobiliarias na cidade de Vigo temos que engadirlle a súa participación activa no pratocinio do deporte vigués e galego. Karpin conta entre os seus patrocinados ao equipo de voleibol Vigo Valery Karpin, ao equipo ciclista Karpin Galicia, ao nadador paraloímpico Chano Rodríguez e ao equipo de rugby Universidade de Vigo. Tamén é colaborador habitual do Rondo, programa que se emite na 2ª cadea de TVE. Aínda que todo apunta a que o estonio quere rematar ligado ao clube dos seus amores, o Celta de Vigo.

Karpin, a afección celtiña endexamais te esquecerá.

Outro mitos:

Venancio, o “Capitán Veneno”

O “loco” Fenoy, o porteiro “Pichichi”

Milorad Ratkovic, o zurdo elegante

Jimmi Hagan, o “kaiser” da defensa

Hermidita, o primeiro “killer”

Anuncios

7 Respuestas a “Valeri Karpin, o ruso indomable

  1. que grande Karpin ojala algun dia sea el presidente de nuestro celta seguro que con el llegariamos mas lejos que nunca.
    KARPIN NO TE OLVIDAMOS!!!

  2. Pingback: Celta 0 - 1 Aston Villa « TodoCelta - Celta de Vigo·

  3. Pingback: Datas para o recordo: Celta 4 - 0 Juventus, o día que tremeu Balaídos « TodoCelta - Celta de Vigo·

  4. Pingback: Pepe Villar, un celtista de pro « TodoCelta - Celta de Vigo·

  5. Pingback: TodoCelta - Celta de Vigo | Datas para o recordo: Celta 4 - 0 Juventus, o día que tremeu Balaídos·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s