O estadio do rival: Sánchez Pizjuán


O estadio Ramón Sánchez Pizjuán é o estadio do Sevilla Fútbol Club. Nomeouse en honor do ex presidente do Sevilla Fútbol Club, Ramón Sánchez Pizjuán.

O presidente do Sevilla, Ramón Sánchez Pizjuán, comprou en 1937 os terreos sobre os que se edificaría o novo estadio. En 1954 realizouse o concurso de deseños, que gañou Manuel Muñoz Monasterio, o mesmo arquitecto que deseñou o Estadio Santiago Bernabéu. Trala morte de Sánchez Pizjuán, foi o seu sucesor, Ramón de Carranza, quen se ocupou do equipo e do estadio, poñendo a primeira pedra do mesmo o 2 de decembro de 1956. Foi inaugurado o 7 de setembro de 1958 cun partido amistoso entre o Sevilla e o Real Jaén, que acabou con empate a 3 goles. O primeiro partido oficial disputado no estadio foi un Sevilla – Betis correspondente á 2ª xornada da tempada 58/59 en Primeira división, e que finalizou con vitoria visitante por 2 goles a 4.

O 7 de maio de 1986 acolleu a final da trigesimoprimera edición da Copa de Europa, que enfrontou ao FC Barcelona e ao Steaua de Bucarest, con vitoria do conxunto rumano na tanda de penaltis.

A finais da tempada 06/07 tense proxectado unha remodelación que cambiaria o aspecto en xeral do estadio, o proxecto terá 4 torres de accesos nas esquinas, xa que os baixos do estadio serían utilizados como zona comercial. A principal razón de dita remodelación é ampliar a capacidade do estadio, pois actualmente hai 6000 persoas en lista de espera para facerse socios. Espérase poder aumentar o aforo nunhas 15000 prazas. O aforo actual é de 66.000 espectadores.

 

 

 

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s