Sevilla 2 – 0 Celta


O conxunto branco suou para lograr deixar os tres puntos no casillero local, pero un gol de Kanouté dende o punto fatídico ao comezo da segunda parte e un postrero churro de Kerzhakov servíronlle aos de Juande para superar a un Celta que acumula un so triunfo en 16 xornadas ligueiras. Ambos equipos acusaron o cansazo físico da xornada post-europea pero a calidade e a definición tinxiu a vitoria de branco.

O partido comezou co equipo andaluz volcado sobre a área dos galegos. Adriano entraba pola banda esquerda, Dani Alves pola dereita, Martí o intentaba con tiros a media distancia dende a frontal e o balón movíase pola moqueta no terreo de xogo dos celestes vestidos onte coa xa clásica camiseta mandarina. No minuto 24, o arbitro sinalizou un libre indirecto dentro do área por unha entrada de xogo perigoso. O saque da pena, como pasa case sempre nestes casos, terminou cun disparo de Ocio de socato ao corpo de Pinto.

A partir de entón, o asedio sevillista foi constante, pero o empeño en finalizar as xogadas ben con disparos dende a frontal ou rizando o rizo a modo de frivolités dentro do área, fixo que o partido chegase sen goles ao tempo de descanso; O Celta non pasara maiores apuros nestes 45 primeiros minutos e incluso Baiano tivo unha clara ocasión para marcar o 0-1 pero os defensas riváis botáronselle moi rápido enriba para entorpecer o disparo.

No segundo acto Palop quedábase na caseta aqueixado dunha sobrecarga no xemelgo e o seu posto o ocupaba Cobeño. Con todo, a noticia saltaba aos seis minutos da reanudación cando Gustavo López rexeitaba coa man e dentro do área un centro de Navas. O árbitro non dubidou en sinalar penalti e Kanouté, o pichichi e especialista, abriu a lata e inaugurou o marcador. De outra volta unha acción inxenua condeaba o Celta a ir por detrás no marcador; desta volta foi Gustavo o que cometeu unha chiquillería propia de patio de colexio, e non dun profesional da súa talla.

O Celta disfrutou de unha ocasión moi clara para acadar o empate nun disparo a bocaxarro de Bamogo que foi rexeitado de forma incrible por Cobeño. E nesa acción remataron as esperanzas celestes, porque todo comezaría a torcerse máis.
No minuto 73 do encontro, Cannobio viu a tarxeta vermella directa por un patadón na cara a Navas. Este feito supuxo que o Celta estirase as liñas e o Sevilla tivese máis ocos. Pero non sería ata o tempo de propina cando Kerzhakov resolveu un man a man con Pinto e poñía a puntiña a un partido vibrante e cargado de tensión.

Ao final, o Celta seguirá co run-run na cabeza ao estar un punto por encima da queima.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s