A crise do futbol sala


A posible desaparicón do Gestesa e Polaris ademáis do Martorell, achegan ó Cometal Celta a permanencia en División de Honra.

Malos tempos para a Liga Nacional de Fútbol Sala, deporte en auxe en España dende fai uns anos. A economía non acompaña a este prestixioso torneo denominado a mellor Liga do mundo, e son varios os equipos cun futuro moi oscuro: Martorell, Gestesa Guadalajara e ata o todo poderoso Polaris World Cartagena, un dos grandes. A crise destes clubes pode beneficiar o Celta, que ten complicada a súa salvación na cancha pero que está ben encaminada nos despachos.

O Martorell foi o que abriu o caixón dos foguetes entrando en bancarrota: directiva en fuga, xogadores en paro… O cadro catalá é a día de hoxe toda una incognita inda que todo semella polas últimas novas (podedes leer as noticias relacinadas co Martorell no foro de TODOCELTA.COM) que vai desaparecer. Oficialmente aínda non está retirado da competición. O sábado xogan fronte o Polaris World en Cartaxena, e podrían presentarse cos xuvenis, pero nin reservaron aloxamento nin pista para adestrarse.

Se o Martorell arroxa a toalla, a Liga debería decidir se anula todos os partidos nos que participou, ou tan só os resultados da segunda volta. Para o Cometal Celta a mellor opción sería a primeira para fuxir da única plaza de descenso que quedaría.

O propio Polaris, rival dos cadro barcelonés, zozobra ou así ameazou o seu presidente, (declaración completas no FORO de TODOCELTA.COM) Salvador Hernández, quen asegurou que a continuidade do clube corre perigo. Neste caso parece máis un arrebato de ira pola mala actuación na Copa de España do equipo con maior presuposto do mundo. Hernández comentoulle os seus xogadores que de eles depende o futuro da entidade.

A desaparición do Gestesa Guadalajara é una hipótese máis sólida. O consello de goberno da Liga Nacional de Fútbol Sala e a súa asesoría xurídica, según a páxina “doblepenalti.com”, están preparando un informe sobre a situación do cadro castelán. Asunto grave e delicado. O Guadalajara non pagou aínda a cuota de participación na División de Honra e outras partidas. Os seus pagarés foron devoltos. O presidente do clube formaba parte do consello de goberno do anterior mandatario da Liga, Santiago Márquez. A esta amizade se lle adxudica que o Gestesa puidese competir pese a una irregularidade da súa situación. Pero o control do poder variou e o clube guadalaxareño podería ser expulsado se a débeda non se resolveu cando venza o plazo o día 30.

Dous postos de descenso e un de promoción. Zona infernal para o Celta. Pero que comezará a reducirse conforme se confirmen as quebras. A desgracia allea vai en beneficio propio.

Anuncios

2 Respuestas a “A crise do futbol sala

  1. que bueno lo del martorell, polaris y gestesa, para que luego digan que mal de muchos consuelo de tontos. A ver si en futbol el depor se va a tomar por saco tambien y ya queda adjudicada la tercera plaza del descenso 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s