Celta B 2 – 0 CD Ourense


Importante vitoria do filial celeste no derbi celebrado hoxe en Balaídos onde logrou impoñerse por dous goles a cero ao Ourense.

Esta vitoria na xornada 29 de liga deixa ao equipo con 30 puntos, á espera do que fagan Lanzarote, At. Madrid B e Orientación Marítima.

Dentro do artigo poderedes ler a crónica completa escrita por karlos para celestes.org

Importante vitoria do filial celeste no derbi celebrado hoxe en Balaídos onde logrou impoñerse por dous goles a cero ao Ourense.

O primeiro dos goles foi conseguido por Marcos Rodríguez no minuto 27 logo dun gran pase desde o lado dereito de Dani Abalo que o porteiro visitante despexa mal e Marcos só cabecea á rede. As cousas poñíanse ben para os intereses locais. No minuto 40 unha dobre oportunidade do Celta B para aumentar distancias, unha volea desde corenta metros de Richi que o porteiro con moita dificultade envía a córner. Cando se saca este Adrian Quintairos manda o balón ao pau que se pasea pola liña de gol e non entra.

A primeira parte acaba cun gol anulado a Aloisio do Ourense por unha posición clara de fóra de xogo.

A segunda parte mantense o bo xogo do filial, un partido serio e sen fisuras atrás. No minuto 70 animouse moito o partido, cunha parada do porteiro céltico Yoel e unha nova ocasión (m.71) do Ourense, un centro de Bru (ex celta B) que Oscar Martínez non logro rematar.

No minuto 74 Matias Alonso recentemente entrado no campo non logra terminar un contragolpe, logo de recortar ao defensa ourensanista Suso Rodríguez manda o balón alto.
Un minuto despois virá o segundo gol do Celta B, un preciso pase de Richi duns 40 metros que Dani Abalo caza dentro do área mandando o balón á dereita ante a saída do porteiro, o balón dá no pau e gol do Celta B.

Os minutos finais o Celta B dedicouse a esperar ao Ourense que non chegou con claridade aos dominios de Yoel.

Os cambios de Rafa Sanz realizáronse na segunda parte, no minuto 74 entra Matias Alonso por Adrián Quintairos, no 81 sae Goran e substitúeo Yahve , no 88 o último cambio entra Ozores por Dani Abalo que realizou un grandísimo partido.

O colexiado amonestou aos locais Richi e Xullo.

Esta vitoria na xornada 29 de liga deixa ao equipo con 30 puntos, á espera do que fagan Lanzarote, At. Madrid B e Orientación Marítima.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s