FC Barcelona 3 – 4 Celta FS


O Cometal Celta FS parece empezar ver a luz despois de moitos meses sen fortuna. Esta tarde venceron no Palau Blaugrana a un rival directo como é o FC Barcelona Senseit. Un golazo de Indiao puxo en pé a un Palau que se rendiu á superioridade viguesa.

Dentro do artigo poderedes ler a crónica completa do encontro.

Malia o moitísimo que había en xogo esta tarde no Palau Blaugrana, os dous equipos que se enfrontaban, F.C. Barcelona e Cometal Celta de Vigo F.S. afrontaron o partido con moitísima frialdade e sobre todo tranquilidade, polo menos nos primeiros minutos e ata que os goles non empezaron a subir ao marcador. En xogo 3 puntos que poden ter moito máis valor ao final da tempada, ao tratarse de dous equipos que loitan por un mesmo obxectivo, conseguir a permanencia en División de Honor.

Xa empezou o choque algo movidito, porque só houbo que esperar dous minutos para que o Barça dese o seu primeiro aviso. Disparo de Javi Rodríguez ao centro da portería que Edu saca sen problemas. Foron uns primeiros minutos de dominio catalán pero o Cometal tamén creaba accións de perigo. Un roubo de Ari no medio do campo que armou a contra con Formiga e decidiuse por finalizar só a xogada pero o seu disparo foise desviado.

O F.C. Barcelona creaba as ocasións pero o Cometal controlaba á perfección a parcela defensiva, algo que se está acostubrando a facer de marabilla.

A ocasión máis clara dos primeiros dez minutos correu a cargo de Javi Rodríguez que envío un lanzamento potentísimo ao poste da meta de Edu. Foi tras esta xogada e no minuto 7 da primeira metade cando o equipo local abriu o marcador. Unha xogada persoal de Claudinho que se internou no área celeste sen problemas e sen marca armou a súa perna para bater a Edu cun potente disparou desde a frontal do área.

Parece que o gol descolocó un pouco aos homes de Tomás de Deus que durante uns minutos nos que non daba a mesma sensación de seguridade atrás. O equipo de Marc Carmona montaba as contras de xeito moi veloz e ao Cometal custáballe replegar as súas filas.

A medía que corrían os minutos o equipo vigués recuperaba a súa forma de defender pero en ataque non atopaba claridade. A falta de 2 minutos para o final os homes celestes espertaron e en tan só 38 segundos déronlle a volta ao marcador e borraron ao Barça da cancha. Primeiro Ari a pase de Formiga bateu ao porteiro resarcíndose da xogada anterior na que non o conseguiu despois Indiao a pase do portugués tamén deixou un grandísimo toque de calidade e bateu ao meta catalán cunha frivolité, un golazo de tacón que daba ás aos vigueses.

Pudó Ari aumentar a vantaxe antes de marcharse ao descanso pero fallou o infallable, mentres que o equipo catalán, a falta de 18 segundos cun disparo cruzado e potentísimo de Javi Rodríguez pon as táboas no marcador.

A segunda parte iniciouse coa mesma intensidade que a primeira, cun partido que empezaba de novo desde cero. Unha segunda parte que tivo ocasións para ambos equipos pero as máis claras ao pasar o minuto 30. os nervios , o cansazo facía cometer imprecisiones nos pases dos homes que estaban en cancha.

No 11 ocasións repartidas. Primeiro Dani Fernández ao poste en xogada de estratexia e no 13 Formiga lanza desde a súa área e a punto está de sorprender a Romeu cun lanzamento ao larguero.

Os últimos cinco minutos do partido foron realmente de infarto. Todo empezou cunha gran parada de Edu a lanzamento de Javi Rodríguez pero na seguinte xogada Carlos Sánchez comete penalti sobre Pedrinho, algo dubidoso e é Javi Rodríguez o encargado de lanzalo e bater a Edu para adiantar ao seu equipo no marcador.
O penalti supuxo a quinta falta para os homes de Tomás de Deus. E na seguinte defensa non pode parar ao seu home Ari e comete falta que conlleva cartulina amarela e lanzamento desde os 10 metros. Arrivi que volvía a unha convocatoria logo de mes e medio lesionado sae á cancha. Para lanzar o dobre Dani e cunha gran actuación o meta galego detén o lanzamento do xogador catalán e ata puido ser obxecto dunha falta no rexeite falta non sinalada polos colegiados dos que se pode dicir que tiveron unha moi boa actuación.

O equipo de Tomás de Deus está afeito sufrir, pero con sangue frío e unhas ansias de puntos tan grandes como as dos vigueses todo é posible. Nun minuto os vigueses deron a volta ao partido. Primeiro un lanzamento de Chelito e Indiao só tivo que empuxala desde o segundo pau e segundos máis tarde unha contra impecable con boa triangulación de Ari, Purao que finaliza Gustavo Marques cun das súas potentes lanzamentos.

A partir deste momento 2 minutos e pico de infarto nos que o Barça saíu a por o partido con porteiro xogador, pero a grandísima actitude, o grandísimo traballo, a brillantez do adestrador, en fin, o traballo colectivo, fixeron que o Cometal Celta de Vigo devolvéselle a moeda ao Barça e conseguise tres puntos que os meten de cheo na loita pola permanencia.

A vitoria con especial dedicatoria para a pena celtista de Barcelona que asistiu ao partido e non deixou de animar ao equipo en ningún momento do mesmo.

Non hai nada devandito, aínda queda moita liga e este equipo está demostrando desde a chegada do seu novo técnico que merece quedarse en División de Honor.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s