Mauro, o goleador esquecido


Hoxe na nosa habitual sección de Mitos Celestes temos a un home histórico pero un pouco esquecido polo celtismo, aínda que se repasamos a historia apreciamos a inmensa importancia que tivo no seu momento, estamos a falar de Mauro. Dende Todocelta queremos facer unha homenaxe a este gran xogador para mantelo sempre no noso recordo.

Mauro xogou na decada dos 50 e foi unha das xoias do Celta . Era un dianteiro rápido, práctico e sobre todo goleador, dos mellores da historia celtiña. Tiña todas as cualidades que debe ter un bo atacante, bo disparo, desmarque en profundidade, gran remate de cabeza e, sobre todo, astucia á hora de adiantarse ao seu marcador. Mauro segue a ocupar o segundo posto nos goleadores en primeira división do Celta, tan só superado polo gran Hermidita, o seu antecesor e co que compartiu vestiario un par de tempadas.

Mauro Rodríguez Cuesta naceu en Vigo o 15 de xaneiro de 1932. Comezou xogando en equipos pequenos da cidade pero rapidamente destacou e o Celta fixouse nel. Debutou no primeiro equipo o 27 de setembro de 1953 con 21 anos na victoria do Celta fronte ao Deportivo da Coruña por 3-1, aínda que neste primeiro ano a súa participación foi limitada. Nos anos seguintes Mauro converteuse en habitual das aliñacións e o referente na punta do ataque. Comparte vestiario con xogadores míticos na historia do Celta como Quinocho, Villar, Gaitos, Lolín, Torres ou o arxentino “Che” Gutiérrez. Tralo seu paso polo Celta, Mauro, recalou no Real Zaragoza onde xogou dúas tempadas máis na primeira división.

Mauro xogou un total de 134 partidos na primeira división e marcou 79 goles. Co Celta xogou 108 partidos e convertiu a impresionante cifra de 69 goles en tan só 5 tempadas, o que da como resultado unha media de 0´64 goles por partido, ou o que é máis ou menos o mesmo 2 goles cada 3 encontros, en resumo, unha barbaridade.

Mauro foi un grande do Celta, un deses homes que o dan todo por amor a unhas cores, un home da casa que sentía a camisola celeste coma ninguén e que deixaba a alma en cada partido, en cada balón, en cada xogada. Un deses xogadores que hoxe en día non abundan e que fan que un equipo sexa máis grande. Por todo isto, grazas Mauro.

Mauro, un goleador dos que xa non quedan.

Anuncios

4 Respuestas a “Mauro, o goleador esquecido

  1. Pingback: Pepe Villar, un celtista de pro « TodoCelta - Celta de Vigo·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s