Buscando adestrador…


Despois de confirmarse a destitución de Fernando Vázquez, o consello de administración do Celta, con Mouriño á cabeza, precisa urxentemente a contratación dun novo adestrador. A baralla de nomes que están enriba da mesa é moi limitada. Hai dúas claras opcións, botar man de alguén da casa ou confiar nun adestrador con experiencia que coñeza a liga española.

Polo momento, e según F.Carnero, a opción de buscar un adestrador experimentado parte cunha lixeira vantaxe. Nomes como Benito Floro, Sergio Krésic, Jose Antonio Camacho ou o arxentino Marcelo Bielsa poderían rematar no banquiño celeste. As opcións máis factibles, tanto deportiva como economicamente, son as de Floro e Krésic. O primeiro máis que coñecido polo seu traballo con equipos modestos como o Albacete (co que ascendeu a primeira) ou o Madrid (co que fracasou estrepitosamente); e o segundo (estivo en equipos coma o Mérida ou o Valladolid, onde gardan gratos recordos del) un home duro e ao que non lle tremerá a man á hora de sentar ás “vacas sagradas” do equipo”.

O mércores como moi tarde teremos a solución. Polo ben do Celta agardemos que escollan a opción máis axeitada.

Anuncios

4 Respuestas a “Buscando adestrador…

  1. A mellor opcion…os de casa, de non ser asi decantome por kresic inda que para a tempada que ven Laudrup sería o meu elexido (se e que conseguimos a permanencia)

  2. ESPEREMOS QUE SEA ALGUIEN DE LA CASA. ¿QUIEN CONOCE MEJOR QUE ELLOS A LA PLANTILLA? NO SOLO EL COMO JUEGAN SINO EL VESTUARIO

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s