Grazas Fernando


Como pasar de ser o centro de tódolos focos, a marchar pola porta de atrás. Esto foi o que lle aconteceu a Fernando Vázquez en apenas 24 horas, o tempo que pasou dende o seu despido ata a incorporación do novo adestrador, o mediático pero inexperto Hristo Stoichkov.

Esta mesma mañá, Fernando Vázquez estivo nas instalacións deportivas da Madroa para despedirse dos seus xa ex-pupilos en medio dunha expectación incríbel por parte da prensa e dos siareiros.

Vázquez non fixo ruido na súa última estadía na Madroa. Poucos eran os que sabiamos que FV estaba alí.

Ao final do adestramento, Vázquez, como calquer outro día dos últimos tres anos saiu pola porta principal, pero sabendo que sería a última vez que o faría.

Un cento de persoas estaban agardando a saída do adestrador búlgaro, pero o que primeiro saiu foi o de Castrofeito, entre a indiferenza dos alí presentes. Só un grupo de rapazas dignáronse a agradecerlle tódo o que fixo polo noso clube. Só unha señora, xa entrada en anos, increpouno enérxicamente.

Unha saída, pola porta de atrás, dada polos resultados pero quen sabe se un tanto inxusta.

O Celtismo pasou páxina rápido, en apenas 24 horas semella que despareceron todos os males deste equipo. Aínda que, como todos esperamos, nos manteñamos na primeira división, ben seguro que en Xuño nos decataremos de que Vázquez non era o diaño e o resto, os santos dun altar.

Din que é de bo nacidos ser agradecidos, e a pesar de todo, o Celtismo lle debe un grazas a Fernando Vázquez. Un grazas por aceptar un proxecto máis que perigoso dun Celta deprimido, pobre, saqueado e inmerso na Segunda División. Un grazas por apostar pola canteira, ascendernos ¡dúas veces!, dárlle ás ao hoxe internacional Oubiña ou a Ángel, axudar a Pinto a ser Zamora, rescatar a Iriney da Segunda B, devolver ao Celta ao mapa Europeo, regalarnos victorias tan importantes como as de Riazor ou no Bernabeu, defender a capa e espada o Celta e os seus intereses, e así un longo etcétera ….

Como calquer historia, esta tamén un lado escuro. Pero nestas situacións o mellor é quedarse co bo, agradecer os servizos prestados e desexarlle toda a sorte do mundo.

Ogallá Balaídos algún día lle regale ese aplauso que sempre lle negou.

Sorte e Grazas Fernando.

Anuncios

5 Respuestas a “Grazas Fernando

  1. Graza Fernando por todo o que fixeches, dende logo non te mereces marcvhar pola porta de atrás, pero xa se sabe como é o fútbol…
    AGARDEMOS ESE APLAUSO TAN MERECIDO QUE SEMPRE TE NEGARON!!! QUE TE VAIA BONITO HARRY!!!

  2. Fernande dende aki alguén q sempre che vai a defender a casa e espada, fixeches moito polo Celta e eu nunca o eskecerei, agardo q sigas como adestrador da seleccion pq para nos sera todo un placer darte ese aplauso en Balaidos diante de toda a afeccion galega. GRANDE FERNANDO

  3. Grazas Fernando por o teu esforzo e honradez. Xa sabes “malo vendrá que bueno me hará”… So me queda a pena de ter que ver como o noso Celta baixa de categoría. Si esto pasase contigo sabería que non dabamos para mais, pois sempre sacas o mellor dos equipos, cambiarte a tí por un falabarato!
    Que consigas un equipo grande coma ti e nos digas todo o que sabes de futbol dende un campo cheo de aplausos.
    Estamos contigo. Unha aperta.
    María C. Pereira

  4. Agora que imos facer? Só me consolaría gañarlle o Depor.
    Creo que non é cuestión de entrenador senon da directiva,venderon os imprescindibles e só trouxeron recheo.
    Fixechelo moi ben ainda que os resultados non o demostren.
    Unha perta e ata sempre
    Marta

  5. Grazas Vázquez por estes dous anos, ogallá te vaia moi ben porque es unha gran persona.
    E dicir que venderon aos imprescindibles…que queres que che diga…non venderon a ninguén importante, foronse Sergio por rematar contrato e Silva porque non era noso, en ningún caso o Celta podería competir econocomicamente nin con Valencia nin con Zaragoza.

    Agora todos con Hristo coño!!Fóra o pesimismo e a meterlles 5 ao Depor!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s