O Cometal acude a LNFS


Segue a loita do Cometal pola permanencia

A crise aberta no seno da Liga Nacional de Fútbol Sala é máis que evidente. Os problemas económicos son máis acuciantes para máis de un clube. Se fai unhas semanas era o Martorell o que se atopaba o borde da desaparición por non poder pagar as multiples debedas que acumulaba, agora tócalle o Gestesa Guadalajara.

Estes días soubose q o clube alcarreño debe máis de 80.000 euros do exercicio anterior. Co reglamento na man, o conxunto presidido por Santiago Ranz, man dereita do presidente da Liga, Santiago Márquez (que mal cheira todo isto…) debería ser expulsado inmediatamente da competición. Isto é o que pide o Cometal Celta, que onte, por medio dun comunicado oficial firmado polo seu director xeral, Roberto Gonzalez, quixo deixar clara a súa postura o respecto.

O clube vigués non se conforma con que sexa expulsado o final da presente tempada. Os vigueses queren que se aparte inmediatamente o Gestesa ou, a lo menos que se lle ofreza algunha garantía de que os manchegos non vaian a permanecer na máxima categoría do fútbol sala nacional a final de tempada. Sexa como sexa, o Celta F.S. xógase a permanencia nas próximas xornadas sen saber os equipos que terán que abandoar a División de Honra por problemas económicose, polo tanto, os puntos necesarios para asegurar a permanencia.

Sen medo o Boomerang
Noutro orden de cousas o equipo vigués afronta o choque do sábado ante o Boomerang Interviú en As Travesas sen ningún tipo de complexos pese as visibles diferenzas entre ambos equipos .
O feito de que os madrileños conquistasen o pasado domingo a Copa Intercontinental e , polo tanto a semana se convertise nun paseo triunfal no que foron recibidos con todo tipo de homenaxes, o que pode ser un factor que xogue a prol dos intereses do Celta F.S
O Boomerang acudirá a Vigo sen a frescura de outros encontros e con menos adestramentos nas pernas que os de Tomás de Dios.
Outro aspecto a ter en conta será o empuxe da afeccion viguesa, o maior activo do Cometal Celta. O clube pretende chear As Travesas polo que disporá prezos populares para que o maior número de persoas acudan a cita semanal co fútbol sala de elite.

Anuncios

9 Respuestas a “O Cometal acude a LNFS

  1. e esta é a mellor liga do mundo?
    a lnfs cheira fatal, a competición adulterada 100%
    en fin … espero que nos salvemos por méritos propios e o que teña que vir despois, benvido sexa

    O sábado, ás Travesas!

  2. jeje eu creo que podiamos facer un diccionario todocelta… que temos algunhas cagadas… jeje
    pero bueno…xa sabedes que é por escribir rápido home! tampouco vos estresedes…

  3. si, si, e o xa te digo tamén denota que sodes galego-parlantes si…

    XA CHE DIGO

    CHE CHE

    Non sabedes usar o te e o che!

  4. jajaj!! pero como se pode ser tan ignorante de corrixir a alguén e facelo mal. En fin, hai xente pra todo. Pra os ignorantes dicir que a forma correcta é XA TE DIGO, non vaia a ser que vos confundan por aí xente sen moita idea.
    Por certo non sabía que Curros e Pedrayo foran lectores desta páxina…en fin, que doado é criticar o traballo dos demais..

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s