100% Hristo


O novo adestrador do RC Celta, Hristo Stoichkov, deixou ben claro nas súas primeiras desclaracións como celeste os seus principios. Stoichkov calificou a súa chegada ao banquiño céltico como un “reto importante” e non dubida en ningún intre que o equipo permanecerá na primeira división ao remate da tempada.

O búlgaro deulle moita importancia o traballo realizado durante a semana xa que, os adestramentos, son o “reflexo” dos partidos. Neste sentido, o ex-xogador azulgrana comentou que tratará de darlle esa intensidade e ese plus de motivación para que o equipo mellore de forma inmediata os seus resultados.

Así mesmo, Stoichkov, tamén confirmou que leva seguindo ao equipo fai 8 ou 10 semanas, e que coñece ben o nivel da plantilla. Tamén dixo que non ía facer un “cambio drástico” xa que non tería sentido.

O lexendario ex-xogador, tamén referiuse á fama da que chega precedido e refírese nos seguintes termos: “O fútbol deume todo, pero da fama non vou vivir sempre”.

Stoichkov lembrouse tamén de Giovanella (encomiou ao club por non deixalo “tirado”), dixo que non quería nin oir nombrar a segunda división e por último referiuse aos árbitros dicindo:

“No arranxamos nada falando diso. Eu deixei de protestar tanto. O fixen unha vez e caéronme catro partidos. Hai que sair e esquecer a estes tres que están no campo. Non busco polémicas. Unha cousa é cando xogaba e outra ben distinta agora”

Anuncios

Una respuesta a “100% Hristo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s