O estadio do rival: Riazor


Nesta apaisoante e transcendental xornada na que nos xogamos tanto, o noso rival é o “grandioso” Deportivo da Curuña (tamén coñecido polo sobrenome de “Sala Calvet”).

O estadio onde xoga este “impresionante” equipo é o estadio de Riazor. Este estadio foi conquistado nas dúas derradeiras visitas polos nosos, gañando o ano pasado por 0-2 e esta tempada no pasado mes de novembro por 0-1. Nesta última visita TodoCelta estivo presente como ben atestigua a primeira foto aloxada na galería dentro do artigo.

O Curuña comezou xogando nos inicios da súa historia nos aledaños de Riazor. Nun terreo sen gradas, vestiarios, nin ningún tipo de comodidades, no que era pouco menos que unha chapuza. En 1944 inagúrase o estadio de Riazor, como non, cunha derrota do Curuña fronte ao Valencia por 2-3.

O estadio tiña un desmesurado aforo de 60.000 espectadores (por suposto todos eles de pé) o que provocaba o seu aspecto desértico en case todolos partidos. Debido a esta esaxerada capacidade pra unha cidade de pouco máis de 100.000 habitantes (a metade da cidade entraba no estadio) o estadio de Riazor acolleu algún partido internacional e foi sé da final do xeneralísimo no ano 1947, que como non, co incondicional apoio da afección curuñesa, gañou o Madrid.

Aprobeitando o mundial celebrado en Espanha en 1982, Riazor sofre una remodelación na que se modifican as pistas de atletismo e reduce o seu aforo a unha cifra máis razonable, 29.000 espectadores. Acolleu 3 intransecendentes partidos do grupo “A” que disputaron as seleccións de Camerún, Perú e Polonia.

Na tempada 1995/96 Riazor sofreu a súa última remodelación que consistiu en pechar o estadio polos catro costados (modificando a súa peculiar forma en herradura), suprimir definitavamente as pistas de atletismo e ampliar a súa capacidade ata as 34.600 localidades.

O día que tanto Celta como TodoCelta conquistaron Riazor.

 

 

 

 

 

Anuncios

Una respuesta a “O estadio do rival: Riazor

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s