Celta 1 – 0 Coruña


ACTUALIZADO 13.45H: VideoResumo no final do artigo e video do debut de Stoichtkov en TodoCelta TV 

15/04/07. Esa é a data do debut de Hirsto Stoichkov no banquiño celeste. Non deixaría de ser un dato máis na carreira deste home de non ser porque o partido era fronte o eterno rival, o Coruña. E inda por riba debutou con victoria e con un pequeno repaso futbolístico aos do norte. A victoria tamén supón acadar a segunda victoria en 18 partidos, e sair das plazas de descenso a segunda división. Todo saiu a pedir de boca.

O novo adestrador celeste decidiuse por atacar e levar o peso do encontro. Puxo en liza un 11 similar os de Fernando Vázquez pero cambiou as pezas de sitio. Puxo a cada un no seu sitio, e unindo a isto o empuxe, a garra, as gañas de victoria, o xogo mellorou respecto o de semanas anteriores. O esquema foi un 4-4-2 cun rombo no mediocampo.

A defensa coa baixa de Lequi estibo formada por Ángel, Contreras, Tamas e Placente. Por diante deles un so home que fixo a labor de dous… Pablo García. Nuñez no costado dereito, Gustavo no esquerdo, Cannobio na mediapunta e arriba Nené e Baiano.

Dende o primeiro minuto notouse a man de Hirsto, xa que os xogadores sairon contaxiados do carácter gañador do seu novo técnico. Presionábase moi ben no mediocampo roubando moitos balóns que rápidamente caían as bandas onde se creou moito perigo, de feito nos primeiros quince minutos ao Celta foille anulado un gol porque o balón no momento no que Nené da o pase o balón xa saira. O Celta dominaba claramente o encontro e o Korunho tiña moitos problemas para sair co balón controlado e non creaba ocasións de gol. Chegando a media hora de encontro, o Celta dispuxo de varias ocasións que os defensores rivais sacaron baixo paos. Sería o aviso do gol que chegaría na segunda metade, obra de Baiano, froito de traballo do equipo.

Pablo García foi peza esencial no mediocampo xa que cumpliu un dos partidos máis completos que se lle recordan en Balaidos, Gustavo pola banda esquerda fixo auténticas diabluiras aliándose cun Nené que disfrutou de moita liberdade de movementos e notouselle moito máis cómodo que na banda. Baiano a pesar de faiar un par de ocasións amosou o gran xogador que é controlando moi ben de espaldas e dándose a volta moi rápido, inda que quizais en algunha ocasión tiña que soltar antes o balón. En defensa un partido moi bo de Tamas que hoxe parecía outro xogador…. rápido no corte, anticipádose o seu oponente, sobriedade por alto, e pases acertados para sacar o balón sempre xogado.

A afeción animou durante todo o partido, creando un excelente ambiente para os futbolistas que o final do encontro estouparon de ledicia e celebraron con toda a afeción a importantísima victoria. Voltaron a ola, e a Rianxeira as bancadas de Balaidos ateigadas de camisolas celestes bufandas e bandeiras. 24000 persoas na tarde de hoxe enchendo o coliseum celeste.

O Coruña amosou o que é. Un equipo simplón , sen profundidade e escaso e lento de ideas, que practicou un fútbol moi horizontal e pouco incisivo. Caparrós acabou desquiciado e facendo máis kilómetros percorrendo a banda que todos os seus xogadores xuntos.

Victoria importantísima que devolve a ilusión o celtismo e que nos saca dos postos de descenso. Agora a pensar no Zaragoza onde probablemene se note inda máis a man do novo adestrador.

Anuncios

10 Respuestas a “Celta 1 – 0 Coruña

  1. “” CASTA Y ORGULLO CELESTE “”

    Después de lo vivido ayer, sólo puedo decir que me siento orgullosa de ser viguesa y Celtista 100%.

    El día de ayer, se ha convertido en un referente para el celtismo.

    Nuestro chicos han demostrado que tienen garra y afán de lucha y superación. Bajo las órdenes del ya llamado ” San Hristo de la victoria” han salido victoriosos de una de las 9 finales. Todavía queda mucho tiempo, pero entre todos lo vamos a conseguir ….

    ¡Enhorabuena a ellos pero también a la afición porque ha estado única, increible, INCONMENSURABLE…..

    Ser celtista es un sentimiento inexplicable.

    Ayer ha quedado demostrado que la afición sólo estaba dormida pero por fin…. después de desearlo durante mucho tiempo:
    Se ha despertado.

    Ojalá dure mucho tiempo….

    ¡¡¡Hala Celta!!!

  2. OSTIOICHKOV JAJAJJAJAJAJAJJAJJJAAJJA
    EL MEJOR TITULAR DE TODA LA PRENSA

    QUE GRANDE EL CELTA, QUE GRANDE STOICHKOV!!

  3. ¡¡¡¡ Ostion al depor1!!!
    que partidazo ayer, que ambiente en el estadio, que entrega de los jugadores, que alegrón!!!

    con esta actitud y juego conseguiremos la permanencia.

    GRACIAS OSTIOICHKOV xDDDDDD

  4. Ostion al Depor? Partidazo do selta??…. meu deus cantas burradas hai que ler as veces. Se gañar por 1-0 parecevos eso…ou eu non estaba no mesmo partido no que vin a unha aficion do selta DESESPERADA por que rematara o partido asi que tan mal o Depor non o faria. En fin, un pouco de obxetividade, o Depor xogou mal pero o selta non o fixo moito mellor.

  5. A ver, o de Ostioitchkov, como podes observar é un xogo de palabras co novo adestrador con algún tinte de forofismo, pero que reflicte, creo, as gañas que tiñamos de gañar un derbi en Balaídos. O terceiro derbi consecutivo que gaña o Celta, por certo…

    Está claro que onte non vimos o mellor partido da historia, pero sí que o Celta xogou un gran partido fronte a un lamentable Coruña, que quizáis estivese pensando máis no partido de Copa que en gañar o clásico do fútbol galego.
    O Celta foi infinitamente superior na primeira metade, na que si lle meteu un baño ao Coruña.
    É certo que ao final do partido tiveron oportunidades para empatar, pero tamén tivo o Celta algunha moi clara para marcar o segundo nos minutos finais, ademáis dos tres balóns salvados in extremis de debaixo dos paos.

    Tí que reclamas obxectividade, non sei ata que punto é correcto eso de que a afección do Celta estaba desesperada por que rematara o partido. Eu máis ben vin a unha afección cantando a rianxeira e facendo a ola. Debe ser que que non estiveches no mesmo partido.

    Un saúdo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s