Mauricio, o “rei” das discotecas


Hoxe protagoniza a nosa habitual sección de Fiascos Históricos un xogador que fixo méritos propios para a súa aparición. Trátase do irrepetible brasileiro Mauricio.

Mauricio Oliveira Anastasio naceu en Río de Janeiro (Brasil) o 29 de setembro de 1962. Comezou dende moi pequeno a xogar ao fútbol na súa cidade natal. Pasou por varios equipos antes de recalar no Celta como o Fluminense ou o Botafogo. No mercado invernal da tempada 1989/90 recala no RC Celta de Vigo ocupando a praza de extranxeiro deixada polo seu antecesor, Nilson, que tampouco tievera moita sorte na súa etapa como celtiña.

Mauricio arrivou en Vigo rodeado dunha fama espectacular. Chegou ao Celta coa vitola de crack, en Brasil era considerado un dos mellores xogadores do momento, ata tal punto que chegara a debutar coa selección canarinha (foi internacional en 3 ocasións). O seu peculiar look cun pelo longo e medio “afro” e a súa extrana forma de ser non auguraban nada bo. Mauricio debutou co Celta un 10 de decembro de 1989 no estadio de Balaídos nun partido fronte ao Logroñés. O brasileiro non trouxo consigo a sorte e o equipo vigués perdeu ese encontro por 0-1. Mauricio non tardou demasiado en perder a confianza do adestrador xa que aos 2 meses de chegar perdeu a titularidade e as súas aparicións polo campo foron esporádicas. O media punta semellaba sentirse máis comodo nas discotecas viguesas, das que era un habitual, que no campo. En salas tan recoñecidas como Vanitas ou Public aínda choran a súa marcha e os cartos que deixaron de gañar.

Mauricio, que chegara a Vigo coma salvador do equipo nunha das peores tempadas da historia, foise do Celta ao rematar ao ano deixando ao equipo afundido na segunda división. A súa vagaxe o di todo, 19 partidos e 2 goles. As malas linguas din que as discotecas e os clubs de alterne remataron coas súas posibilidades de triunfar en Vigo. Era habitual atopalo por Vigo co seu deportivo (un Corrado) a unhas altas horas da madrugada e a unhas velocidades, ás que hoxe en día, non lle duraría o carnet máis do que duraría Pinocho nun aserradeiro.

Como xogador era un home moi individualista que trataba de buscar sempre o seu lucimento persoal antes que o do equipo. Exhibía as súas cualidades técnicas en situacións pouco aconsellables e os seus malabares remataron por condenalo ao banquillo. A inestabilidade do seu carácter e o seu amor á noite e á festa tampouco lle axudaron demasiado.

Anuncios

7 Respuestas a “Mauricio, o “rei” das discotecas

  1. Esa colocación de pronombres… La página está muy bien, pero esas cagadas ortográficas echan a perder a veces el magnífico trabajo.
    Lo dicho, tened cuidado con ello. Si no sabeis o no teneis tiempo o lo q sea yo me ofrezco para corregirlas antes de postearlas.
    Un saludo

  2. Martin, grazas polo consello.
    O certo é que as veces metemos ese tipo de erros, cousa que non nos agrada nada, xa que unha das esencias de TodoCelta é o emprego exclusivo da lingua galega e sempre da forma máis correcta posíbel.

    Intentamos ser coidadosos coa ortografía, pero ás veces as presas non nos permiten ser de todo estrictos coa norma.

    Faremos propósito de enmenda e intentaremos que non se volva repetir, polo menos moi a miúdo.

    Grazas pola suxestión.
    Un saúdo.

    pd: maurizio festeiro!!!! gran artigo kike!

  3. Home é inevitable cometer erros ás veces (se os cometen na prensa profesional…), as presas e non ter moito tempo son as cuestións fundamentais.
    De todos modos penso que o importante é o contido do artigo e non a ortografía, que ao meu modo de ver é algo importante pero non fai a web..
    Grazas por axudarnos a mellorar!!!
    Un saúdo!!

  4. podeis poner los fiascos

    BRAILEÑO ¿ MARIO MORAIS?

    Argentino RUBEN FERNANDEZ

    Portugues FREIRE

    SERBIO Puhalak

    los nacionales

    PORTERO CHUCO

    SEGARRA,BAUTISTA,URBANO

  5. Pois trataré de poñer todos os que poida. Pero esto ten un gran problema, é bastante complicado buscar información deles e fotos. Se queres botar unha man ponte en contacto con nós.
    Moitas grazas!!
    Un saúdo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s