O estadio do rival: Ono Estadi


O ONO Estadi (antiguamente Son Moix) é o estadio de fútbol do noso rival desta xornada, o Real Mallorca.

É un estadio moi aberto, polo que a acústica non é un dos seus fortes. As bancadas atópanse bastante lonxe do céspede debido ás pistas de atletismo das que dispon o estadio. Tamén destaca a ausenza de bancadas cubertas, o que sería inconcebible noutras terras onde a choiva é máis habitual.

O ONO Estadi foi construído para a celebración da universiada en Palma en 1999. É o estadio onde disputa os partidos o RCD Mallorca desde o ano 1999, xa que o club conseguiu chegar a un acordo co concello da cidade para a súa explotación con fins deportivos por un período de 50 anos. O estadio está situado no polígono industrial Can Valero de Palma, a uns 3 quilómetros do centro da cidade.

Ten unha capacidade de 23.142 espectadores e ten unhas dimensións de 107 x 69 metros. O estadio dispón de 2000 focos de luces, zona de prensa de 1.500 metros cadrados e capacidade para albergar uns 300 xornalistas. A zona de aparcamento dispón de 150 m² para unidades móbiles de televisión, 40 prazas para prensa e 2700 para público en xeral.

No ano 2006 o Consello de Administración do Mallorca puxo as bases para a construcción dun novo estadio, sen pistas de atletismo, aproveitando a vinculación do seu presidente ao ámbito inmobiliario.

Anuncios

Una respuesta a “O estadio do rival: Ono Estadi

  1. Pareceme feo de carallo, esta moi lonxe do terreo de xogo, gradas empinadisimas, e si chove, inda q aki non moito, pero empapaste.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s