Esteban pode ser titular


O Celta pode presentar unha cara ben distinta o vindeiro domingo no Madrigal. Se onte nos faciamos eco na posibilidade de empregar un trivote fronte o equipo castellonense, hoxe debemos profundizar na posibilidade de alternativa na portería.

E é que Hristo Stoichkov ao longo do adestramento de onte, probou con Esteban como gardamallas titular.

O gardamallas asturiano sempre estivo á sombra de Pinto dende a súa chegada ao Celta. Aínda que foi fichado para ser o meta titular deste equipo, o excelente rendemento do gaditano nas pasadas dúas temporadas relegou ao ex de Sevilla e Oviedo á suplencia. Tan só as lesións ou sancións de Pinto lle brindaron a posibilidade de ser titular.

Esteban tivo que se conformar con xogar a Copa da Uefa, onde callou grandes actuacións.

Agora, cando Pinto parece baixar un pouco o seu rendemento, e cando empezan a sair rumores da súa posible marcha ao Sevilla, Stoichkov pode brindarlle a alternativa a Esteban. O domingo sairemos de dúbidas.

ENTREVISTA EXCLUSIVA DE TODOCELTA A ESTEBAN

Anuncios

5 Respuestas a “Esteban pode ser titular

  1. Pois eu o poría titular se se confirma a saida de Pinto, se non é así, penso que Pinto, a pesar da súa mala actuación o pasado domingo, ten a titularidade máis que gañada.

  2. Non entendo como se lle pode criticar tanto a pinto, entre a sua suposta saida do celta e a cantada do domingo, el salbunos a hostia de puntos este ano, pero como con vazkez logo ninguen se acorda do q fixo por nos. Esa xente fora de Balaidos.

  3. Pingback: Pinto volverá ao once « TodoCelta - Celta de Vigo·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s