O último tren pasa por San Sebastian. O Celta xogará hoxe a unha soa carta as poucas opcións de permanencia que lle quedan.
Despois da derrota onte do Athletic Club, os homes de Hristo Stoichkov terán a posibilidade de volver ver a salvación a só un punto, ou de descartarse definitivamente da loita pola permanencia.
Tal e como anunciábamos, Canobbio volverá ao equipo titular coa responsabilidade de liderar ao Celta á victoria. Grazas á surrealista actitude dos arbitros, o Celta poderá contar con Gustavo López e Baiano. O arxentino, xunto con Nené gozarán de total liberdade para cambiar de bandas no momento que o consideren oportuno ao longo do partido.
Mentres na defensa non haberá novidades. Lequi segue fóra.
500 CELTISTAS EN DONOSTI.
O Celta non estará só. A pesar do pésimo momento do equipo, a súa afección volverá dar a cara e estará apoiando ao seu equipo nas bancadas de Anoeta. Vendéronse case 300 entrada, ás que hai que sumar unhas 150 reservadas polo clube. Grazas aos autobuses financiados polo concello, a marea celeste chegará a Euskadi.