Rick Hoogendorp, o “Palermo” holandés


Nestes intres tan complicados para todo o celtismo, desde TodoCelta queremos desviar un pouco atención e relaxar a tensión vivida nestas últimas datas, para isto recuperamos unha das nosas sección habituais, Fiascos Históricos.

Hoxe presentamos a un xogador que pasou non fai moito polo Celta e que probablemente moitos nós aínda non o puidemos esquecer, falamos de Rick Hoogendorp.

Rick Hoogendorp naceu o 12 de xaneiro de 1975 na cidade holandesa de Blerick-Limburg. Comezou a xogar profesionalmente ao fútbol á idade de 19 anos no ADO Den Haag. Tras unha gran primeira tempada como profesional con 15 goles, Hoogendorp chamou a atención ao MVV tamén pertencente a Euridivisie holandesa onde xogou temporada e media e logrou 8 goles. En decembro de 1996 recalou no Dordrecht’ 90 onde permaneceu 2 anos e medio logrando a nada desdeñable cifra de 32 dianas. Tras esta gran racha o RKC Waalwijk contratou os seus servizos. Neste conxunto Hoogendorp estivo ano e medio logrando 18 goles.

No mercado invernal da temporada 1999/2000 o Celta buscaba un dianteiro que suplise a baixa de Kaviedes e contratou ao holandés como solución ata o remate deste curso. Hoogendorp debutou co Celta o 23 de xaneiro de 2000 nun partido fornte ao Sevilla no Ramón Sánchez Pizjuán substituíndo a Turdó. O partido rematou coa victoria celeste por 0-1 co único tanto celeste materializado por Benni McCarthy. Hoogendorp xogaría 6 partidos máis co Celta en Liga sen lograr facer ningún gol (3 de titular e un completo fronte ao Atlético en Baláidos que curiosamente perderiamos por 0-1). Na UEFA xogaría 2 partidos con idéntico acerto que na Liga, é dicir, ningún tanto.

Despois do seu “glorioso” paso por Vigo volveu ao seu club de orixe, o RKC Waalwijk onde xogou 5 temporadas e media máis logrando a incrible cifra de 77 goles. Estes tremendos números lle reportaron outra oportunidade en Europa, esta vez da man do Wolfsburgo, en xaneiro de 2006. Tras un ano non moi bo (tan só puido marcar un gol) este pasado decembro volveu ao seu primeiro club, o ADO Den Haag onde firmou un final de liga máis que aceptable logrando 3 tantos en 8 partidos. Na tempada 2007/2008 seguirá defendendo as cores do seu equipo actual.

Na súa etapa como celtiña Hoogendorp non amosou nada, certo é que tampouco tivo moitísimas oportunidades pero as que tivo non as aprobeitou. En Vigo foi máis coñecido polo seu peinado ao Palermo que polo seu fútbol, e iso xa o di todo.

Hoogendorp é un caso canto menos curioso no fútbol europeo. Na liga holandesa ten uns números impresionantes, dignos de calqueira gran dianteiro do mundo (158 goles en 12 temporadas e media) pero cando tivo a oportunidade de cruzar as fronteiras dos Países Baixos e xogar en Europa, o dianteiro holandés fracasaou sempre estrepitosamente (tan só 1 gol en medio ano na liga española e un ano na Bundesliga). Quizais a falta de adaptación ou o seu frouxo carácter non lle deron a oportunidade de triunfar nas ligas máis potentes. Eso si, no seu país é todo un ídolo.

Anuncios

3 Respuestas a “Rick Hoogendorp, o “Palermo” holandés

  1. debutou co Celta o 23 de xaneiro de 2000 nun partido fornte ao Sevilla no Ramón Sánchez Pizjuán substituíndo “”””” ¿¿ a i. ?? “”””

  2. Corrixido!! Grazas Brais, isto de poñer cursiva ás veces traiciona. xD
    Pois si que era un paquetón si, aínda que estou con manu en que o que máis sacaba de quicio ere ese peinado. xD

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s