Retomamos o pulso a actualidade en TodoCelta falando de Stoichkov e os seus polémicos artigos na prensa catalana.
E é que o adestrador búlgaro non volverá colaborar con este xornal deportivo despois da polémica suscitada polo seu artigo da semana pasada onde acusaba aos xogadores do RC Celta de falta de entrega e compromiso.
Como lembraredes, un día despois da publicación da “raxada” na columna de opinión asinada por Stoichkov, o adestrador rectificou nas súas verbas e acosou ao xornalista que transcribiu a columna de “malinterpretar as súas palabras”.
Asi pois, hoxe mesmo Stoichkov xa non aparece na contraportada de dito diario, tal e como lemos na súa páxina web.
¿Evita deste xeito futuras polémicas? ¿Castiga ao xornal por poñer palabras na súa boca que nunca dixo? ¿Ou é un xeito máis de encubrirse?
Anuncios
Sexa como sexa penso que fai ben non escribir máis no Mundo Deportivo xa que non lle reportaba nada bo ao equipo. A partir de agora, que se arranxen as cousas no vestiario
Yo creo que ya lo debía de haber dejado nada más fichar por el Celta.
Cómo que castiga ao xornal?
Dade ben a noticia: é “El Mundo Deportivo” o que despide a Stoichkov, por terlle botado as culpas a eles do que dixo.Mesmo din que o estilo do búlgaro tiñan que suavizalo acotío polas palabras demasiado fortes que adoitaba empregar.
Stoichkov amparouse nunha “manipulación” das súas palabras para desfacer o lío e quedar ben (entre comiñas) cos xogadores e afición.Eos do “Mundo” dinlle agora “Ai sí?, pois até logo”.
A cousa está bastante clara, pero non poñades ao búlgaro como o que deixa, senón coma o que é deixado, nesa relación.
me encanta el simil!! él es el dejado, sí señor!!
Pingback: Stoichkov, novo colaborador de “El País” « TodoCelta - Celta de Vigo·