Gabriel Lezcano, o “oriundo” vigués


Hoxe na sección de Mitos Celestes presentamos a un dos xogadores máis míticos da historia celtiña, trátase de Lezcano.lezcano.jpg

Lezcano foi un extraordinario extremo dereito xogou no Celta á finais dos 60 e comezos dos 70. Unha carreira endiablada e un regate marabilloso foron sempre as súas sinais de identidade e a banda dereita de Balaídos a súa segunda casa.

Gabriel Lezcano Rivarola naceu un 18 de marzo de 1946 en Coronel Martínez (Paraguay). Comezou a súa carreira nas ringleiras do Cerro Porteño paraguaio pero moi cedo, áos 21 anos, e da man do seu representante Bogosian, aterrizouou en España para comezar a súa aventura á outralezcano2.jpg beira do “charco”.

O R.C.Celta foi primeiro equipo en mover ficha e o futbolista sudamericano chegou a Vigo xunto co seu compatriota Juan Francisco Riveros. Ambolos xogadores debutaron co Celta no Teresa Herrera do ano 1967. Tras convencer ao adestrador, Ignacio Eizaguirre, asinaron polo Celta por tres anos. Neste primeiro ano, co club en 2ª división, Lezcano xogou 17 partidos e logrou un tanto (na victoria en Balaídos fronte ao Lérida por 6-0) ; o Celta foi terceiro e quedou ás portas do ascenso. Na súa segunda temporada, a 1968/69, o equipo acadou o tan ansiado ascenso, aínda que o “oriundo” non tivo un papel demasialezcano3.jpgdo importante e tan só participou en 14 partidos e logrando un gol (no empate a un no campo do Alcoyano).

Na seguinte temporada, xa en primeira, Lezcano acadou máis importancia no equipo e desputou 21 partidos nos que marcou 2 goles (aínda que dende o club se lle atribuiron 3, xa que, segundo a acta arbitral, no partido en Sabadell o gol do Celta logrouno o defensa en propia meta, mentres que no club defenderon a autoría de Lezcano) e o Celta conseguiu a pemanencia en primeira tras unha gran victoria na antepenúltima xornada en Riazor que afunduría ao Coruña na segunda división. A temporada 1970/71 resultou sensacional para os intereses do Celta que logrou unha magnífica sexta praza que crasificaba aos vigueses para a copa da UEFA cun excepcional Lezcano, que, tras renovar, xogou 27 partidos lezcano4.jpge marcou 6 goles.

Nas seguintes tres temporadas (1971/74) o Celta rematou na zona media-baixa da táboa e Lezcano foi unha peza fundamental no equipo (74 partidos e 9 goles e 2 partidos na UEFA). A 1974/75 remataría co descenso do club vigués á segunda división e coa despedida de Lezcano da cidade olívica despois dun ano moi difícil para o futbolista “oriundo” no que só puido xogar 4 partidos e lograr un lezcano5.jpgtanto.

Despois da súa saída do club, Lezcano xogou dous anos máis no fútbol español nas ringleiras do Córdoba (onde coincidiría con Ignacio Eizaguirre) e no Atlético Baleares.

Lezcano segue, hoxe en día, ligado ao club dos seus amores, o R.C.Celta e vivindo en Vigo. Actualmente adestra aos xuvenís da Liga Nacional.

Lezcano foi e é un auténtico mito para todo o celtismo, un xogador que sentiu as cores coma poucos e un excepcional futbolista. Entre outros méritos ten o de meter o gol número 1000 do Celta na primeira división e conseguir outro dende o medio do campo.

Anuncios

6 Respuestas a “Gabriel Lezcano, o “oriundo” vigués

  1. Pingback: Pepe Villar, un celtista de pro « TodoCelta - Celta de Vigo·

  2. hola Gabriel, yo soy tu sobrino miguel angel
    soy de Paraguay,soy hijo de cirila martinez de paiva tu prima ella es hija de eleuteria de SAJONIA, NUESTRO NUMERO DE TELEFONO ES (021)480291

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s