Previa Atlético – Celta


Chegou o día. O Celta xógase esta noite as poucas posibilidades que ten de seguir con vida nesta competición. Os homes de Hristo Stoichkov viaxan a Madrid coa consigna de vencer no Calderón e agardar algún fallo de Athletic ou Betis nos seus respectivos encontros.

O Atlético de Madrid tamén ten a obriga de vencer, se quere seguir con opcións de entrar en Europa oito anos despois. A misión, pois, semella complicadisima, sobre todo tendo en conta o baixísimo nivel amosado polos celestes nos últimos meses.

Pero este equipo, tennos acostumado ao mellor e ao peor. Por iso, o plantel do Celta aférrase a ese ténue halo de esperanza e mostra a súa intención de morrer no campo.

Hristo Stoichkov plantexará poucas novidades no equipo. Tan só a volta de Lequi, despois de estar apartado do equipo nas últimas semanas. O central arxentino aproveitarase da espantada de Gabi Tamas, que despois de chegar 24 horas tarde sen dar explicación algunha, quedou fóra da convocatoria.Pablo Garcia e Canobbio, que xogaron tamén partidos nesta semana de parón, serán titulares.

O Celta non estará só na ribeira do Manzanares. Preto de 800 siareiros do RC Celta estarán presentes nas bancadas do estadio roxibranco coa esperanza de voltar a Vigo con aínda opcións de manter a categoría.

Hoxe pois, ás 21.00 da noite, o Celta ten unha cita co destino. Agora máis que nunca, todos co Celta!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s