Nin os internacionais, nin Baiano


Esperpéntica xornada a vivida onte en Casa Celta. Finalmente o cadro vigués non poderá contar cos seus internacionais nin con Fernando Baiano no partido máis importante da temporada.

Cando o Celta non contaba xa con Pablo García, Canobbio nin Contreras, soaba o teléfono de Praza de España cunha chamada da Federación, onde se informaba que a FIFA obrigaba ás seleccións a ceder aos seus xogadores.

Axiña se puxo a maquinaria a funcionar e o Celta mercou os billetes de avión para os seus xogadores, pero foi incapaz de falar con eles.
Cando conseguiu poñerse en contacto coa federación uruguaia, esta comunicou ao RC Celta a súa negativa a ceder aos futbolístas xa que eles non recibiran ningunha noticia da Fifa. De feito, o  Celta tampouco a recibiu, somentes unha chamada da Federación Española, que soaba máis a excusa para tapar o caso Robinho que a outra cousa.
O luns, o Celta valorará se os seus xogadores fixeron todo o posible por vir a Vigo, aínda que nun principio parece todo o contrario.
E a outra mala nova do día afecta ao Pichichi do equipo. Finalmente Disciplina negoulle a cautelar a Baiano, a pesar de que o Celta remitise o video onde se aprecia a inexistencia de algo sancionábel.
Asi pois, o  Celta deberá facer fronte á última xornada de liga, con alo menos 4 baixas respecto do equipo que xogou no Calderón.

Anuncios

3 Respuestas a “Nin os internacionais, nin Baiano

  1. Non perdamo-las esperanzas, o Celta cando mais dificil o ten e mais costa arriba esta, sempre conseguimos o imposible.
    IMOS CELTA!!!

  2. A dios lo q es de dios y al cesar lo es del cesar: los q stuvieron hoy cumplieron, una lastima q no valiese para nada.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s