O Celta, entre os máis queridos do Estado


Siareiros do Celta

Hoxe lemos en diversos xornais unha enquisa elaborada polo CIS, no que se pregunta, entre outras cuestións relacionadas co deporte, porque equipo sinten máis simpatía os españois.

O noso Celtiña ocupa o 9º posto neste ranking, co 2,2% dos votos, cun empate técnico cos nosos veciños do norte. Como era de esperar, o R.Madrid ocupa a primeira posición, cun 32% dos votos, seguido moi de cerca polo FC Barcelona co 25%.

O Celta só ten por diante a equipos como o Valéncia, Ath.Bilbao, Atlético, Betis, Zaragoza e a tan só ao 0,1% de distancia ao Sevilla. Moi por debaixo dos vigueses quedan equipos históricos como Osasuna e Real Sociedade (1,3%) ou o Espanyol (1%).

Esta enquisa non deixa de ser mera anécdota, pero nesta temporada na que a realidade nos devolveu ao inferno da segunda división, é agradable saber que o RC Celta de Vigo segue a ser un dos equipos máis queridos, ademáis dun histórico do fútbol estatal.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s