Óscar Pereiro comeza forte o Tour de Francia


O mosense se reivindica cunha boa prólogo.

O mosense Óscar Pereiro comezou este pasado sabado a súa andaina no Tour de Francia. Como mosense, vigués de adopción, galego e, sobre todo, celtista que é, desde TodoCelta trataremos de seguir os seus pasos na rolda francesa na medida do que nos sexa posible.

Pereiro comezou a actual edición do Tour de Francia sen saber aínda se gañou ou non a primeira. O caso Landis e o seu “presunto” dopaxe fixeron a Pereiro virtual vencedor da rolda gala de 2006, pero a organización aínda non se pronunciou ao respecto. Mentres tanto, Pereiro loitará este ano por gañar o Tour na estrada e despexar todas as dúbidas existentes en torno ao ciclista galego.

A Tour comezou, como sempre, co prólogo. O prólogo é unha contrarreloxo cun percorrido de uns 8 quilómetros (nesta edición foron 7.9) moi emocionante pero pouco decisiva de cara a clasificación xeral, é máis unha toma de contacto. O prólogo foi bastante bo para Pereiro xa que foi 21º e quedou a 37 segundos de Cancellara, o gañador da etapa e especialista espectacular, a 24 de Kloden, a 7 de Vinokourov e a 1 de Evans. Valverde quedou a 6 segundos do galego, mentres que Sastre foi o máis perxudicado da xornada perdendo 56 segundos co italiano e 19 con Pereiro.

A primeira etapa en línea foi unha etapa chaira e sen moita miga na que, como era de prever, se chegou ao sprint no que gañou o veterano sprinter australiano Robbie McEwen. Na xeral non houbo ninguna novidade importante a Pereiro atópase na 22ª posición. A segunda etapa disputarase entre as localidades de Obernai e Esch sur Alzette, con final en Luxemburgo, sobre 223 quilómetros e dous portos de terceira categoría e tres de cuarta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s