Presentada a nova campaña de abonados


Os abonos baixarán entre un 18 e 23% de media.

Marián Mouriño presentou onte a nova campaña de abonados. As novidades máis destacables son a rebaixa dos abonos entre un 18 e 23%, a creación dos ‘cheques desconto’, a domilización dos abonos e a creación dos novos cartóns ouro, prata e pratino.

Marian Mouriño, filla do presidente e responsable da sección de marketing, fixo onte unha rolda de prensa na que explicou todas as novidades. Estas foron as verbas máis importantes:

Aqueles que asistiran a todos os encontros de Liga recibirán durante os próximos días nos seus domicilios un cheque desconto por valor de 10 euros que poderán utilizar nas tendas oficiais do club. Os que falten a un encontro terán oito euros de desconto e os que non puidesen asistir a dous partidos cinco euros.

O club entregará ademais, os novos cartóns ouro, prata e platino aos abonados que acumulen entre 25 e 50 anos de antigüidade. Con estes novos cartóns, estes exemplares seguidores celestes poderán acceder aos partidos do Celta sen pagar suplemento cando se fixe para o resto dos afeccionados. Terán á súa disposición ademais o orixinal avonetiño, un carné especial para os netos destes abonados, que terán un desconto do 50 por cento no prezo dos abonos da súa categoría. Os posuidores destes cartóns poderán, nunhas datas determinadas, cambiar de asento, unha vantaxe máis para premiar a fidelidade.

O Celta dispensará abonos para todas as categorías, desde infantil a pensionista, nos laterais das bancadas de Tribuna e Río Alto e Baixo, chanzos ata agora reservados exclusivamente para os abonados adultos. Eses espazos, cuxo custo será inferior ao do resto da bancada, estaban habitualmente baleiros.

A totalidade dos abonados, tanto os actuais como os que se incorporen a este colectivo, gozarán dun elevado desconto en todas as bancadas, unha rebaixa media de entre un 18 e un 23 por cento.

A directora de mercadotecnia do club recordou ademais que xa comezou a campaña de domiciliación de abonos. Para rematar, indicou que esta tempada, tanto as altas como as renovacións de abonos poderanse realizar a través da páxina web.

Anuncios

7 Respuestas a “Presentada a nova campaña de abonados

  1. Acabo de ver lo que me va a costar este año renovar el abono de marcador, y no me lo puedo creer esta es la gran rebaja que iban hacer,el año pasado page 217 € (estando en 1ª y en uefa) y este año tengo que pagar 194 €. Señor Mouriño,cuando bajamos con Horacio renovar en 2ª me costo 117 €. Asi no llenamos Balaidos en la vida.

  2. O gran problema que ten Marian Mouriño e que non ten puta idea de futbol e, sinceiramente unha rebaixa do 23% e pequena, tendo en conta que baixamos de categoría, haberá que ver se o manteñen cando subamos ou suben un 40%….

  3. Pois eu vexo ben que teñan inciativa, polo menos tentan facer algo, nestes temas esta directiva supera á anterior que apenas se prodigaba en temas d marketing e atención ao socio. O que non vexo ben é o dos cheques regalos por asistir a todos os partidos, xa que a xente que é socia e non pode ir xq non vive na terra, por exemplo, teñen tanto mérito como os que van todolos partidos!!

  4. Pingback: Mañá saberemos cantos somos « TodoCelta - Celta de Vigo·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s