Krkic podería ser a “bomba” do verán


O Celta quere ao seu crack mediático para Segunda e non é outro que o catalán Bojan Krkic. O mozo de 16 anos, estrela do último campionato de Europa sub-17, está na axenda de varios equipos de Segunda, entre eles o club vigués.

Stoichkov conta coa promesa do Barcelona de que o punta, logo de facer a pretemporada co primeiro equipo barcelonés, podería recalar en Vigo. Outros conxuntos de Segunda como a Real Sociedade, tamén queren a Bojan pero o técnico búlgaro confía en que o seu ex compañeiro Txiqui Beguiristain, ou a boa amizade de Joan Laporta co presidente céltico Carlos Mouriño, sirvan para que a perla da canteira blaugrana remate na Madroa.

As dúas fichaxes avalados por Stoichkov, Zanev e Bojan, suman entre os dous 37 anos. Unha clara aposta pola mocidade do adestrador céltico. Bojan podería, se se confirma a marcha de Vela a Osasuna, ser o talento que veña a suplir ao mexicano co que rivaliza no panorama mundial das novas promesas.

Bojan Krkic Pérez naceu en Linyola (Pla de l’Urgell) o 28 de Agosto de 1990. Naceu en España debido a que o seu pai, que actualmente traballa no Barcelona con funcións de observador, xogaba en España por aquel entón. O seu pai xogou no Mollerusa no 88. Foi xogador de Estrela Vermella e OFK de Belgrado. Internacional Sub 21, Olímpico e coa selección absoluta, á súa retirada asinou polo FC Barcelona como observador (1997), cargo no que progresou ata enrolarse nos servizos técnicos azulgrana.

Na final do recente europeo sub-17 con España fronte a Inglaterra Bojan marcou o gol que deu a vitoria á súa selección. Frank Rijkaard utilizouno co primeiro equipo no amigable que xogou en Exipto ante Ao-Ahly. Alí as súas intervencións causaron sensación e marcou o seu primeiro tanto coa camiseta blaugrana logo de bater marcas coa canteira. Xa foi internacional sub-21 con España a pesar de que só ten 16 anos.

Voz de Galicia

Anuncios

6 Respuestas a “Krkic podería ser a “bomba” do verán

  1. Con chavales de 16 años no vamos a ningún lado. No creo que soporten la presión, ni que sea lo que necesita el Celta.

  2. Pois eu vería con moi bos ollos que nos tocase unha perliña coma esta na segunda … a ver se os contactos do Hristo serven para algo …
    xa que o manito pira a Osasuna ..

  3. A min paréceme ben… pero iso de que dentro de pouco sera un dos grandes paréceme moi excesivo. Pouco a pouco que é moi xoven e xa sabemos de moitos que ían para máximas estrelas e quedaron en nada.
    Caution!

  4. Eu non podo falar deste rapaz porque non o coñezo e non o vin xogar nunca. Se apostasen por traelo sería unha xogada arriscada que pode sair moi ben ou non… De todos os xeitos, unha cesión tampouco suporía perder nada…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s