Mouriño califica a oferta do Levante por Baiano como “inadmisible”


O representante de Baiano, Eduardo Ipiens, viaxará mañá a Vigo para trasladar a última oferta do Levante. Ipiens conseguiu que os valencianos elevasen a súa oferta na súa última visita á capital do Turia. Estará próxima aos catro millóns, seguramente. Con todo, iso non lle garabaiano_transpa.jpgnte a satisfacción do Celta. Porque aos vigueses preocúpalles tanto ou máis asegurarse o diñeiro como o importe.

O problema é que o Levante quere condicionar o pago do traspaso ao número de partidos e goles que dispute Baiano, coa escusa do seu maltreito xeonllo. O Celta négase. Considera que as dúas últimas tempadas do ariete garanten o seu estado físico. E se hai risco de lesión, mellor que se produza con Baiano en Vigo que con este no Levante de forma gratuíta.

Mouriño fala disto aínda que non o explicita. “Non entro na interioridade das condicións que está ofrecendo o Levante, pero quero dicir con contundencia que son inaceptables para o Celta”, resolve con rotundidade. “Non só falamos de cantidades. As condicións que ofrecen son totalmente inadmisibles”.

Nestas circunstancias, Eduardo Ipiens fará ben en centrar o seu esforzo en que o Levante garanta o pago. Doutra forma, probablemente a operación resolve inviable. Mañá o comprobará.

Faro de Vigo

Anuncios

2 Respuestas a “Mouriño califica a oferta do Levante por Baiano como “inadmisible”

  1. Eu teño a solución óptima. Renovación de Baiano XA!!!
    Asi rematamos coas especulacións e facemos que o xogador se consiga centrar. Ademáis el está disposto a renovar que xa o dixo antes de remataar a tempada. E creo que é un home que está comprometido e non se lle caen os aneis por xogar en segunda

  2. Si si disposto a renovar se lle suben a ficha. Así tamén renovo eu, estamos en segunda, se non lle dimos a gus un contrato como o que merecía (pra o meu gusto) menos podemos subirlle o soldo a Baiano!!!
    MENOS CHORAR!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s