Baiano reclama o 25%


A cifra que pretende levarse Baiano ronda os 1´25 millóns de €.

O traspaso de Baiano vai camiño de convertirse no capítulo máis longo e desafortunado do verán. O brasileiro, non contento só co cambio do equipo, reclama ao Celta o 25% do traspaso. As informacións apuntan que o acordo final entre Celta e o Real Murcia ronda os 4´5 millóns de €, polo que Baiano pide 1´25 millóns de €. O dianteiro explicou onte que o contrato firmado fai xa dous veráns ten unha clausula pola que no caso de ser traspasado por máis de 3 millóns de €, ao dianteiro lle correspondería o 25% do total da operación.

Agora mesmo as negociacións están nun punto morto e o futuro do dianteiro é unha incognita. O que si deixou claro Baiano onte é que o Celta non pode renovar ao brasileiro de forma unilateral como dixo o club e volveu a amenazar con permanecer na bancada toda a temporada e en decembro fichar por outro equipo. O Celta está a pagar polo gran contrato que se lle ofreceu a Baiano no seu día, esperemos que desde Casa Celta aprendan destas desagradables experiencias.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s