Celta e Albacete traballan nun posible troco Calle-Perera


Tanto Perera como Calle chagarían con opción de compra.calle2.jpg

Non hai descanso en Casa Celta. Fontes manchegas aseguran que Celta e Albacete traballan nun posible troco CallePerera. A máis que difícil situación do dianteiro madrileño no Albacete (no que non quere seguir) e a necesidade do equipo manchego de atoparlle un sustituto, fixeron que a posibilidade do troco fagase máis que factible. A operación pecharíase coa cesión de Perera ao Albacete cunha opción de compra e Calle recalaría en Vigo nas mesmas condicións.

O Celta conseguiría, deste xeito, a incorporación dun dianteiro de diferentes características aos “noves” que xa ten en nómina. Pola contra, perdería a un dos ídolos do outro ascenso e unha garantía na categoría de prata.

Calle é un dianteiro corpulento con bastante calidade, cun bo remate tanto de pe como de testa e que sabe xogar moi ben de costas á portería. Ten 29 anos, mide 1´86 m e pesa 77 kg. Xogou anteriormente no Xerez, Recre e o pasado ano chegou ao Albacete no mercado de inverno. Desde o primeiro partido fíxose cun oco no equipo e foi un home importante. Xogou 21 partidos e marcou 12 goles.

Anuncios

4 Respuestas a “Celta e Albacete traballan nun posible troco Calle-Perera

  1. Calle é un grandísimo dianteiro, eu botaba xa a Perera e o traía sen dubidalo. É o dianteiro que este Celta tanto precisa.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s