Agus, nova incorporación


O Celta está a aproveitar ao máximo as últimas horas do mercado de fichaxes. Se hai unhas horas informabamos da chegada de Vara para cubrir a baixa de Ángel, agora toca falar da chegada dun novo defensa zurdo, Agustín García “Agus”, do Real Madrid Castilla.

O defensa formouse nas categorías inferiores do Albacete, dando o salto ao primeiro equipo na temporada 2004/2005. No 2005 abandonou a disciplina albaceteña para incorporarse ao segundo equipo do Real Madrid onde militou as dúas últimas campañas. O ano pasado disputou 39 partidos, dos que 31 foron como titular. Ademáis foi internacional en distintas categorías coa selección española.

Agus, que firma mediante unha cesión, chegará mañá a Vigo a pasar o recoñecemento médico e será presentado xunto con Vara ás 13.00h

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s