Placente demandará ao Celta


Novo conflicto laboral en Casa Celta. Despois dos despidos masivos de xuño ou a rebelión de Iriney, agora é turno de Diego Placente.

O RC Celta rescindiu de xeito unilateral o contrato do lateral arxentino por problemas burocráticos. A directiva do equipo decidiu tomar esta decisión despois de solicitarlle ao xogador, de xeito reiterado, o seu pasaporte italiano ao longo da pasada temporada. O clube non obtivo resposta por parte do xogador, polo que, ao dubidar da súa nacionalidade, decidiu romper a súa relación contractual co arxentino.

Despois de días de silenzo, Placente anuncia que demandará ao conxunto vigués. Despois de diversos intentos de chegar a un acordo, a discrepanzas no tema do finiquito (neste caso como en todos, don diñeiro é o que manda) imposibilitaron unha saída pacífica do xogador da entidade celeste.

Asi pois, Placente veráse nos xulgados cos dirixentes célticos, e será o xuíz o que considere se o despido foi procedente e se o pasaporte do arxentino está en vigor.

FOTO: La Voz de Galicia 
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s