Previa Celta – Eibar


Á terceira vai a vencida. Ou polo menos eso é o que intentará cumprir esta tarde o grupo de Hristo Stoichkov. O Celta necesita gañar dunha vez, para calmar os nervos, coller confianza e achegarse un pouco máis ao obxectivo do ascenso.

En fronte terán a un duro rival como é o Eibar. O conxunto basco, a pesar de ser un recén ascendido, é un equipo ben conxuntado, aguerrido e duro en defensa, facendo honor a súa fama. Os de Ipurúa chegan a Vigo coa victoria entre cella e cella, como ben indicou onte o seu adestrador, que aventuraba poucas posibilidades de victoria celeste. Mentres Hristo, co súa ironía habitual contestáballe preguntando se acaso eran o Milán ou o Arsenal.

O Celta presenta baixas importantes na zaga, xa que Zanev está concentrado coa súa selección e a Lucas se lle deu descanso despois do susto do mércores. As súas baixas serán cubertas por Vara e Agus respectivamente

O medio do campo será de novo para Vitolo e Roberto acompañados na liña de mediaspuntas por Nuñez, Canobbio e, probablemente Quincy, que debutará hoxe coa elástica celeste. O referente en ataque será de novo Manchev, aínda que é máis que probable que Diego Costa goce de minutos despois da súa boa actuación na Rosaleda.

O Celta intentará brindar a primeira victoria a súa afección. O partido será retransmitido en directo polas cámaras de TVG a partir das 18.30h. Lembramos que TodoCelta RADIO non emitirá o choque xa que non estará operativa ata o vindeiro mes de outubro.

 

Anuncios

6 Respuestas a “Previa Celta – Eibar

  1. hai que vencer sí ou si, e mais a estes. Aínda me lembro cando visitamos Ipurua a utlima vez, que cando saiu o Celta nos puxeron a musica da champions, en plan vacile, gracias á sobrada que se mandou o harry potter.

    non é por ser rencoroso pero ainda a teño guardada.

    a por eles. que si joder, que vamos a ascender

  2. Siento pena de ver a nuestro equipo, perder, yo no quiero ser mal pensada pero esta directiva lo que pretende es mandar elequipo a la M yo particularmente no me fio y ver el partido de hoy, a que aspiramos

  3. A min dame a risa Os que decian que Hristo era un bo entrenador pois nada ..todo un crack… mandamos a vellos como “Gustavo” e traemos a neniños que non saben nin centrar.. con esta directiva a 2ºB. que vergonza, menos mal que non renovei o meu abono… hai que agradecer a Ramon Martinez.. o lado de Carnero un lumbreras…sisi

  4. Una palabra para describir lo de hoy. Penoso!!
    Esta directiva nos quiere mandar a segunda B y lo va a conseguir.
    Y respecto a Stoichkov esta ai x su nombre y x lo q izo como jugador pero como entrenador no vale.
    Un entrenador q sea como Stoichkov pero sin tener la fama del ,estaria entrenando a un juvenil.
    Y el Celta es un equipo de primera!
    Asi q mientars estos no se vayan.
    Mejor olvidarnos de ascender desde ya, pa no llevarnos un disgusto despues.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s