Ao borde do abismo


O Celta segue en caída libre. O conxunto galego sitúase esta xornada un posto por riba dos postos de descenso a segunda división B.

Os resultados que se deron onte propiciaron que o Celta non acabase inmerso nos catro últimos postos, aínda que neste momento encóntrase empatado a 1 punto con outros equipos como o Albacete ou As Palmas, que caía onte fronte a un espectacular Rácing de Ferrol.

O vindeiro domingo o Celta intentará seguir mellorando a súa imaxe e plasmar a súa superioridade no resultado, algo que non foi quen de facer ata o de agora.

UN DATO PARA O OPTIMISMO.

Segundo apunta La Voz, o Celta da campaña 84-85 comezou de igual maneira que o actual. O conxunto que daquela adestraba Félix Carnero, comezou perdendo os seus dous primeiros partidos, pero fronte a equipos que finalmente ascenderían de categoría, ao igual que aquel Celta

Máis cercano nos queda o caso do Almería, que na xornada 3 era o pechacancelas da clasificación ao perder todos os partidos, pero que finalmente conseguiría o ascenso de xeito espectacular, varias xornadas antes do remate da competición.

O Celta vai mellorando a súa imaxe. Esta semana por primeira vez, Hristo Stoichkov adestrará coa case totalidade do seu plantel para prepara o choque fronte o Poli. Confiemos pois que, este equipo, dotado de bos mimbres para o ascenso, remate pronto a súa pretemporada, e poidamos vivir a tan arelada temporada do ascenso.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s