Poli Ejido 0 – 1 Celta


Victoria sufrida a do Real Club Celta en terras andaluzas. O Celta suma tres puntos despois de sufrir moito diante dun equipo que xogou con 10 durante 86 minutos.

Comezou o partido de cara para os vigueses, que no minuto 4 vían como o rival quedaba cun xogador menos por mor dunha máis que rigorosa expulsión. As cousas parecía que se poñian favorábeis para o conxunto de Hristo Stoichkov, pero os celestes non foron quen de materializar esa superioridade numérica e non foron quén de facerse donos do partido.

Foi na segunda metade cando o Celta dominou tibiamente ao Poli Ejido. Neses momentos apareceu un soberbio Antonio Nuñez para bater a meta andaluza cun auténtico golazo.

A partir de aí o Celta creceuse e coa entrada de Diego Costa viviu os seus mellores momentos. A piques estiveron de sentenciar nun cabezazo de Nuñez ao pau e noutro gran tiro de Costa.

Quizáis por cansazo, quizais por medo, o Celta foi retrasando metros e perdendo o control do partido ante un Poli que se crecía por momentos e apenas notaba a inferioridade numérica.

As embestidas andaluzas non tiveron o seu premio grazas, en parte, a un formidable Pinto e así o Celta pode estrear o seu casilleiro de victorias, aínda que con máis problemas dos esperados e sen deixar boas sensacións.


Vodpod videos no longer available.

Anuncios

11 Respuestas a “Poli Ejido 0 – 1 Celta

  1. Ya era hora, menos mal lo pude seguir por localia internet y muy estresante, pero ya tenemos los tres puntos de aqui solo se puede ir para arriba, y espero que en el proximo partido en casa parte de la gente que fue al ultimo partido del ano pasado tambien vaya a este, porque aficionados cuando se va bien no son necesarios, se necesitan ahora cuando el equipo va mal, si pudiese cojer un avion cada fin de semana que juega el Celta lo haria.
    Hala Celta.

  2. Tres puntiños … por fin !!

    En liñas xerais mal partido, non se notou en nada a superioridade numérica. Quitando 10 minutiños de bo xogo cando entrou Costa, pouco máis.

    Non me gustaron nada nin Vila nin Agus.
    Impresionante Nuñez (para min que nolo cambiaron … este non é o mesmo nin de coña .. )
    Okkas promete, e moito. Encantoume como xoga de costas, aguanta o balón, etc … só lle faltou rematar. Para ter un par de adestramentos, chapeau.
    Quincy é un fenómeno, aínda que demasiado verde aínda. Hai que darlle tempo, que gañe algo de corpo e que se sitúe na segunda división.
    E o meu predilecto, Diego Costa. Este sí que vai ser un “jugón”.

    O peor, a desfeita de Hristo. Pásalle por non levar maís defensas. Nuñez acabou de lateral! en fin …

    A ver se agora se sacuden a presión e podemos ver unha victoria e bo xogo fronte ás Palmas … ¿ou será moito pedir?

  3. tres puntos y gracias!
    para esto fichamos al stoickov?? de caracter nada de nada. achichando balones y punto.

    esperemos que esto mejore.
    lo mejor, el gol del nuñez

  4. Temos que mellorar moito pero temos mimbres de sobra. Okkas, Costa, Vitolo e Quincy datrán que falar.
    O mellor super Núñez!!!
    A defensa horrenda excepto Rubén, esperemos que mellore!! Non sei como Lequi non xoga neste equipo.
    A partir de agora só podemos mellorar!!!
    LET´S GO CELTA!!!

  5. As Travesas mais preto,sufrimos coma sempre,e a nosa señal de identidade pero o final 3 puntos que falta nos facían.Espero que se den conta de que Lequi e fundamental e ten que xogar.Temos que gañarlle as Palmas coma sexa.

  6. Señores que no cunda el pánico. Si ya empezamos con ansiedades tipo “tenemos que gañarlle as Palmas como sexa” ya veo silbidos si acabamos 0-0 la primera parte.

    El partido de ayer fue lamentable sí, pero hay que ver el lado positivo de la historia:

    -No nos metieron gol por primera vez en toda la temporada
    -3 puntos
    -Segundo gol de Nuñez
    -Llevar 4 puntos con 3 goles a favor tiene su mérito
    -Una semana más de rodaje
    -Ningún lesionado/expulsado

    No sé, igual peco de ver la botella medio llena pero es que quedan 38 finales

  7. gañamos, que é o importante. eu tampouco entendo por qué non xoga lequi (tendo en conta o que temos)
    e a min tamén me gustou moito okkas, moito
    a diego costa e a quincy, pois a verdade, é que aínda non lles collín o punto, que queredes, espero que teñades razón

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s