Adrián pide paso


O centrocampista céltico Adrián González reclama minutos. O fillo do Michel non quere ser suplente e di estar preparado pra ser titular.

A continuación reproducimos as verbas do madrileño:

O meu obxectivo é entrar no equipo. Viña coa mentalidade de ter minutos. É verdade que acaba de empezar a liga e tamén que o ano pasado empecei nunha situación parecida e acabei xogando.

Tamén chegou tarde Quincy e está a xogar. É decisión do adestrador e do corpo técnico elixir o equipo que sae. Todos traballamos para estar no once ou na convocatoria. Agora estou a entrar menos, e teño que seguir esforzándome.

Os técnicos esconden bastante os plans durante a semana polo que é difícil saber se vas xogar ou non, porque non cho comunican ata o último intre. Esperaba xogar desde o inicio nel Ejido e non foi así.

Non falei con ningún dos dous adestradores pero eles saberán o que necesitan para cada partido. Hai outros compañeiros que tampouco están a xogar.

Stoichkov e A.López traballan conxuntamente, é unha parella que pode levar o equipo. É unha situación que se dá en moitos equipos. Eu tívena o ano pasado no Castela no que había unha situación parecida entre Míchel e Carlos Mandiá.

A miña adaptación foi boa, todo é máis fácil grazas aos compañeiros e técnicos. Poida que a primeira semana o meu rendemento non fose óptimo porque si que estiven un pouco pensando en moitas cousas porque era a primeira vez que saía de casa, pero agora só penso en adestrar.

Foto: Voz de Galicia
Anuncios

Una respuesta a “Adrián pide paso

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s