Canobbio está listo


O xogador uruguaio do RC Celta xa volveu adestrar con normalidade despois da lesión que o tivo apartado dos terreos de xogo nas derradeiras semanas.

O charrúa, despois do adestramento de onte, destacou as boas sensacións que tivo e que non lle impedirán estar o vindeiro domingo en Elxe, aínda que os 90 minutos quizáis sexan un lousa demasiado pesada despois de tres semanas de inactividade.

O que fora o máximo goleador na temporada do ascenso completa un plantel de 25 xogadores que pon en moitos aprietos ao tándem Stoichkov-López.

O corpo técnico debe decidir a quen senta no banco. Larena gozou da titularidade durante os últimos encontros, asinando como é habitual, un rendemento irregular. Salientar os seus últimos 45 minutos fronte o As Palmas no que tivo unha grande actuación.

Aínda que os xogadores amosan a súa predisposición de xogar xuntos, o certo é que en poucas ocasións os vimos compartir parcela dentro do terreo de xogo, polo que é unha opción con poucas posibilidades.

E tamén entra en xogo Diego Costa, un xogador con un futuro moi prometedor e que xa deixou grandes sensacións nos minutos que vestiu a elástica celeste. Sen dúbida é a maior ameaza para a titularidade do 10 celeste.

Agora, a pelota está no tellado dos adestradores. O domingo ás 12, a resposta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s