Pepe Villar, un celtista de pro


Hoxe na nosa sección de Mitos Celestes rendirémoslle unha homenaxe a Pepe Villar, un home que desgraciadamente estivo recentemente de actualidade polo seu falecemento.

Pepe Villar foi un dos homes máis entregados polas cores na historia do Celta. O foi todo: xogador, auxiliar, adestrador, e sobre todo, un sufridor e unha gran persoa. Un mito auténtico que axudou a facer un pouquiño máis grande ao club dos seus amores, o Celta de Vigo.

pepevillar2.jpgJose Villar Fernández naceu en Vigo o 20-8-1928. Comezou a súa carreira futbolística no equipo do barrio vigués de Coia. Posteriormente fichou polo Celta, co que debutou en primeira o 10 de setembro de 1950. Neste primeiro ano Villar tan só disputou 3 partidos. Na seguinte temporada xa atopou o seu sitio no equipo e xogou 22 partidos, logrando ademais o seu primeiro gol en primeira división o 30-9-1951 nun partido na casa fronte ao Espanyol con resultado final 3-3.

Nas seguintes 6 temporadas (1952/53 – 1957/58) Villar foi unha peza clave dun Celta que levou neses anos unha traxectoria máis que digna na metade da táboa da primeira división. Villar acumula nesta etapa, a do seu máximo esplendor como futbolista, 165 partidos e 6 goles.

A temporada 1958/59 foi moi mala tanto para o Celta como para Villar. O central foi atropelado por unha moto e deixou ao equipo sen un puntal en defensa nun intre moi importante para o conxunto vigués. Foi baixa máis dun mes e só puido xogar 17 partidos nesa campaña. O Celta baixou a segunda como “pechacancelas”.

Os dous últimos anos da súa carreira como xogador (1959/60, 1960/61) pasounos en segunda. Nos dous estivo a piques de deixar o fútbol pola porta grande cun ascenso pero a promoción interpúxose no seu camiño. A súa participación no derradeiro ano foi moi escasa (3 partidos) polo que apostou pola retirada.

villar1.jpg

Villar acumulou unhas impresionantes cifras de 207 partidos e 7 goles co Celta en primeira división. Compartiu vestiario con outros homes míticos na historia do Celta como Hermidita, Mauro, Gaitos ou Lolín.

Tras a súa retirada Villar continuou ligado ao Celta. Exerceu de auxiliar do adestrador Luis Hon e fíxose cargo do equippepevillar3.JPGo xuvenil durante moito tempo. A súa labor foi destacada ata tal punto que en 1965 chegou á final do campionato de España fronte ao Athletic de Bilbao.

Na temporada 1966/67, trala dimisión do adestrador do Celta César, Pepe Villar acadou o seu máximo como adestrador dirixindo ao Celta no treito final da liga na procura dun ascenso que non se conseguiu. Posteriormente exerceu como segundo adestrador de Ignacio Eizaguirre e un tándem co gran capitán, Manolo, a finais da temporada 1987/88. En definitiva, toda unha vida ligada ao Celta.

Cóntase que o seu pai non lle deixaba xogar ao fútbol polo que os seus amigos vixiaban nas portas de acceso por se o seu “temido” proxenitor se achegaba ao campo. Un día Villar tivo que ir a xogar un partido nun día de treboada cuns zapatos novos e, como era de prever, chegou a casa co calzado empapado e cheo de barro. O “bo” de Villar para solucionar o agravio meteu os ditosos zapatos no forno na procura de que secasen. A mala sorte aliouse co vigués e os seus zapatos remataron totalmente queimados despois de que a súa nai acendese a cociña. O desgusto da familia foi horrible. Todo por amor a un deporte e unhas cores.

Grazas por todo Pepe. Sorte alí onde estés.

Outros mitos xa publicados:
Gabriel Lezcano
Ademir Vieira
Mauro
Valeri Karpin
Venancio
“Loco” Fenoy
Milorad Ratkovic
Jimmy Haggan
Hermidita

Anuncios

Una respuesta a “Pepe Villar, un celtista de pro

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s