Sorpresa maiúscula en Casa Celta. Hristo Stoichkov deu a sorpresa da semana ao deixar fora da convocatoria a tres xogadores importantes no que vai de temporada. Diego Costa, Quincy e Roberto non estarán en Elche. Non se coñecen os mótivos desta decisión.
Por outra banda Lequi, Contreras e Perera quedarán outra semana máis en Vigo. A lista de convocados é a sguinte:
– Porteros: Pinto e Esteban.
– Defensas: Lucas, Rubén, Peña, Agus, Vara, Roberto Lago e Zanev.
– Medios: Vitolo, Jonathan Vila, Mario Suárez, Jorge, Adrián, Núñez e Canobbio.
– Delanteros: Okkas e Manchev.
Anuncios
d pena
diego costa eu un dos mellores xogadores do celta tecnicamente
aparte conven telo no banco xk si nos poñemos gañando el e o mellor pra aguanta-lo resultado
no caso d quincy,as suas actuaciions non foron moi salientabeia,pero tamen abran k darlle tempo e non baixarlle asi a moral.en vez d esos 3 podian kedar agus,jonathan vila e mario suarez.asi k stoickhov dixa xa d facer o parvo.con todo isto..
HALA CELTA¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Supoño que Stoichkov será quen mellor coñeza como se atopan os xogadores e cal é o seu rendemento nos adestramentos. Como eu iso o descoñezo prefiro non xulgar esta decisión porque sería inxusto basearme no único que eu vexo, que son os partidos. Diego Costa estivo ben ante Ejido e Las Palmas, pero Roberto empezou moi mal a temporada e de Owusu-Abeyie apenas tivemos noticias… O dito, que temos unha plantilla de 20 e tantos xogadores da que só poden saír cada semana 18 convocados, co que pase o que pase sempre haberá quen cuestione os descartes.